Saltar ao contido

Masacre de My Lai

(Redirección desde «My Lai»)
Masacre de My Lai
Esta foto, tirada por Ronald Haeberle, soldado do exército dos EUA e integrante da Compañía Charlie, divulgouse nos xornais de todo mundo en 1969, e causou unha conmoción internacional que levou a acelerar as conversas de paz para o fin da guerra do Vietnam.
Tipomasacre, xuízo por crimes de guerra, crime de guerra e violacións de guerra Editar o valor en Wikidata
Parte demasacres en Vietnam e Guerra do Vietnam Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónSơn Mỹ Editar o valor en Wikidata
Mapa
 15°10′42″N 108°52′10″L / 15.178333333333, 108.86944444444
EstadoVietnam
Province of Vietnam (en) TraducirQuang Ngai (pt) Traducir
Rural district of Vietnam (en) TraducirSơn Tịnh Editar o valor en Wikidata
Data
Data16 de marzo de 1968 Editar o valor en Wikidata
Características
Obxectivocivil Editar o valor en Wikidata
Implicados
Perpetrador20th Infantry Regiment (en) Traducir, 3rd Infantry Regiment (pt) Traducir e Americal Division (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
No implicados
No mortes504 e 347 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O masacre de Mỹ Lai (en vietnamita: Thảm sát Mỹ Lai; pronuncia en galego: Mi-Lai) foi un crime de guerra cometido polos Estados Unidos de América na aldea vietnamita de My Lai, o 16 de marzo de 1968, centenas de civís, na maioría mulleres e nenos, foron executados por soldados do exército estadounidense, no maior masacre de civís do que se teña constancia ocorrido durante a Guerra do Vietnam.

Na véspera da operación, integrantes da Compañía Charlie, da 11ª Brigada de Infantaría, mandados á rexión por denuncias de que a área estaría servindo de refuxio para guerrilleiros norvietnamitas, polo comando norteamericano informounos de que os habitantes de My Lai e das aldeas veciñas saían para o mercado da rexión ás sete da mañá para a compra de comida e que, consecuentemente, aqueles que ficasen na área serían guerrilleiros do vietcong ou simpatizantes.

Como consecuencia, integrantes dun dos pelotóns da compañía, comandados polo tenente William Calley, sospeitando que os habitantes atopados fosen guerrilleiros e considerándoos a todos como unha ameaza[Cómpre referencia], abriron fogo indiscriminadamente contra os habitantes da aldea, matando vellos, mulleres, nenos e bebés en case a súa totalidade, nun total entre 357 e 504 civís mortos, segundo a fonte, norteamericana ou vietnamita. No lugar hoxe, hai un memorial en que lista o nome de 504 vítimas.

O masacre que incluíu varias horas de caza aos sobreviventes, só foi interrompido por iniciativa dun piloto de helicóptero, Hugh Thompson, Xr., que vendo do alto a matanza e o asasinato de civís feridos, pousou o aparello e ameazou disparar coas metralladoras da súa propia nave contra soldados americanos.

O crime só veu a luz pública un ano despois cando o xornalista Seymour Hersh publicou o relato dos feitos grazas a denuncias saídas de dentro do exército, por soldados que testemuñaron ou ouviron os detalles do caso – e un deles escribiu a diversos integrantes do goberno americano, inclusive ao Presidente Nixon – e chegaron os xornais e ás televisións. Xornalistas independentes conseguiron fotos dos asasinatos e as publicaron nos medios mundiais, axudando a aumentar o horror e os esforzos dos pacifistas na presión ao goberno Nixon a se retirar do Vietnam.

En marzo de 1970, 25 soldados foron acusados polo exército dos Estados Unidos de crime de guerra e ocultación de feitos e probas no caso de My Lai. Foi comparado por algúns medios de esquerda cos xenocidios de Oradour-sur-Glane e Lidice durante a segunda guerra mundial, que causou a condena e execución de varios oficiais nazis despois da guerra, só o tenente William Calley, comandante do pelotón responsábel das mortes foi acusado e xulgado.

Condenado á cadea perpetua, Calley foi perdoado dous días despois da divulgación da sentenza polo presidente Richard Nixon, cumprindo unha pena alternativa de tres anos e medio en prisión domiciliaria na base militar de Fort Benning, en Xeorxia.