Morcego de Bechestein
Morcego de Bechestein | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Myotis bechsteinii' Kuhl, 1817 | |||||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii) é unha especie de morcego pertencente á familia Vespertilionidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Tamaño mediano (O: 23,0-26,0 mm;Ps: 7,0-14,0 g.). Orellas anchas e longas, maiores ca noutros Myotis, separadas na base ao contrario que en Plecotus, con nove pregues transversais no bordo externo e grolo longo en forma de lanceta.
Pelame longo, dorso pardo escuro e ventre gris claro. Crías de cor gris claro. Esporón recto de lonxitude 1/3-1/2 do uropatagio. Última vértebra caudal libre. Plagiopatagio comeza na base dos dedos. Fórmula dentaria: (2.1.3.3/3.1.3.3.)
Distribución
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Mapa_Myotis_bechsteinii.png/220px-Mapa_Myotis_bechsteinii.png)
Pode atoparse nos seguintes países: Austria, Armenia, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Francia, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Irán, Italia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Moldova, Montenegro, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína, e o Reino Unido.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Os morcegos rateiros forestais habitan en bosques axeitados para o seu desenvolvemento, os cales deben comprender polo menos vinte e cinco hectáreas. Moi poucas ocasións poden ser vistos fóra destes bosques.
A distribución no Reino Unido deste morcego foi analizada pola Rede de Biodiversidade Nacional.[2]
Frecuentemente aniñan en troncos ocos ou en buracos producidos polos paxaros carpinteiros, en carballos e en freixos, os cales parecen ser os máis comúns.
Protección
[editar | editar a fonte]Este animal está protexido baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza provocou que os bosques que albergan á especie fosen considerados para pasar a ser sitios de interese científico especial e poderían obter unha bolsa de parte de Natural England para garantir a protección.
Ecolocación
[editar | editar a fonte]As frecuencias empregadas por esta especie de morcegos varían entre 35–108 kHz. As súas chamadas ecolocalizadoras acadan o seu máximo de enerxía en 61 kHz e teñen unha duración media de 3,3 ms.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chiroptera Specialist Group 1996. Myotis bechsteini. 2006 IUCN Lista vernella de especies amenazadas. Consultado o 5 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Myotis bechsteinii : Bechstein's Bat". species.nbnatlas.org. Consultado o 2022-04-21.
- ↑ Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.
- ↑ Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morcego de Bechestein ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imágenes e información del murciélago ratonero forestal
- Guía sobre los murciélagos forestales Arquivado 19 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
- Myotis bechsteinii(en castelán) en Atlas de mamíferos terrestres. Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
- Myotis bechsteinii(en inglés) en Mammal species of the World.