Saltar ao contido

Nísiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nísyros»)
Modelo:Xeografía políticaNísiros
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°35′10″N 27°09′36″L / 36.586, 27.16
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasCós (pt) Traducir
ConcelloNisyros Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.008 (2011) Editar o valor en Wikidata (24,43 hab./km²)
Xeografía
Superficie41,263 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude698 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal85303 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico22420 Editar o valor en Wikidata

Páxina webnisyros.gr Editar o valor en Wikidata
Facebook: DimosNisyrion Instagram: dimos.nisyrou Youtube: UCIXrtDvsYx4T5NXi5jJdk1w Editar o valor en Wikidata

Nísiros é unha illa grega situada ao sur do mar Exeo. Forma parte do arquipélago do Dodecaneso e da rexión administrativa homónima cuxa capital é Rodas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa superficie é de 41 km² sendo o seu punto máis alto unha cima de 638 m, de orixe volcánica. É o volcán máis novo do mar Exeo, sendo a súa última erupción en 1887. O cráter do volcán mide 4 km de diámetro. A illa está rodeada de catro illotes tamén de orixe volcánica dun dos cales, o illote de Yali, extráese a pedra pómez dunha mina que cobre un terzo da súa superficie e que ten cincuenta anos de actividade, case no centro de Nisiros, na meseta de Lakki, atópase o cráter do volcán extinto Polibotes, de 260 m de diámetro e unha profundidade de 30 m. O aire circundante está saturado por un forte cheiro a xofre e a paisaxe é lunar.

A capital e o porto de Nisiros é Mandraki, situado ao noroeste ao pé dun outeiro abrupto. A brancura das súas casas contrasta coa escuridade da terra volcánica. Ao sur da illa atópase o pobo de Nikia, na cima dun outeiro a 400 m sobre o nivel do mar. As súas casas brancas coas portas e fiestras pintadas de vivas cores e os seus tellados de tella destacan sobre o campo circundante. Nisiros posúe fermosas praias entre as que destacan as de Mandraki, Joklaki, Agia Irini e Avlaki.

Mitoloxía e historia

[editar | editar a fonte]

A mitoloxía grega conta que durante a Xigantomaquia (a guerra entre os deuses e os Xigantes), Poseidón colleu unha rocha da illa de Cos e lanzouna contra o xigante Polibotes, formando así a illa de Nísiros (Estrabón X,5,16). Pola contra, Pseudo-Apolodoro conta que Polibotes, fuxendo, chegou á illa de Cos, e Poseidón lanzou contra el un pedazo da illa de Nísiros [1].

Un castelo construído polos cabaleiros da orde de San Juan de Xerusalén destaca ao sur da pequena cidade mentres que unha igrexa próxima está consagrada a Panagía Spiliani (A nosa señora das Covas). Construída en 1600, esta relacionada con multitude de tradicións e encerra unha fermosa icona do século XVIII.

Economía

[editar | editar a fonte]

As fontes de auga quente da illa, coñecidas desde a antigüidade, seguen activas hoxe en día nas proximidades de Lutra, a 1'5 km de Mandraki. Pali, un pobo de pescadores, atópase ao leste de Lutra. Os cultivos máis importantes da illa son a oliveira, a figueira, a vide e as árbores froiteiras.

Nísiros non é autosuficiente en auga doce. Recibe auga todos os anos, sobre todo no verán, desde Rodas [Cómpre referencia].

  1. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016. Libro I, 6, 2.