Saltar ao contido

Nómade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nómades»)
Familia de pastores nómades da rexión tibetana de Naptso.
Unha nai e o seu fillo dun pobo beduíno nómade (National Geographic) Foto do 2005.

Os nómades (do grego: νομάδε, "nómade", "o que deixa os rabaños nos pastos") son comunidades que se trasladan dun lugar a outro, no canto de establecerse permanentemente nun só lugar. Estímase que, no planeta, ao redor de 30 a 40 millóns de persoas pertencen a pobos nómades.[1]

Os primeiros seres humanos foron nómades, mais aínda é a forma de vida de moita poboación do mundo.

Durante a Prehistoria, ó non coñecer o home a agricultura nin a gandaría, víase obrigado a seguir os rabaños dos animais dos que se alimentaba para cazalos e sustentarse, ó mesmo tempo que cazaba ou pescaba outros animais e recolectaba produtos vexetais.

O home descubriu a agricultura e a gandaría durante o Neolítico. Grazas a iso, moitas poboacións puideron asentarse nas terras que ocupaban e convertérense en sedentarios. Porén, nalgúns lugares do mundo era necesario desprazar constantemente o gando para que este puidese seguir pacendo unha vez que esgotaba o pasto dun lugar; ou era necesario buscar novas zonas onde cultivar plantas, coma nas selvas tropicais, onde se cultivaban (e séguese cultivando) sobre as cinsas dos terreos queimados, que unha vez cultivados, abandónanse e búscanse novos terreos.

Durante a antigüidade e a Idade Media houbo un gran número de pobos nómades. Moitos deles causaron estragos en grandes países sedentarios, como as invasións bárbaras no Imperio Romano, ó cal fragmentaron; ou as invasións mongois sobre a China e outras moitas rexións asiáticas e europeas, as cales devastaron e conquistaron.

Hoxe a maioría da poboación mundial é sedentaria, ou semisedentaria (coma en Bangladesh, país situado no delta de grandes ríos, a maioría do terreo é tan cambiante que é necesario abandonar as casas para construílas en novos sitios varias veces durante a vida).

Algúns exemplos de conxuntos diferenciables de pobos nómades que hoxe existen son os seguintes:

  1. Nomads - The Facts Arquivado 27 de agosto de 2002 en Wayback Machine. (consultado o 16 de agosto de 2011) (en inglés)