Número de Mach
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Número de Mach ( ou ) é a relación que existe entre a velocidade dun corpo que se despraza nun determinado medio e a velocidade do son nese fluído nas mesmas condicións físicas, en particular á mesma temperatura e presión. Recibe o nome do físico e filósofo austríaco Ernst Mach. Utilízase a miúdo para representar a velocidade dun obxecto que viaxa a velocidades próximas ou superiores á do son.
Cálculo
[editar | editar a fonte]O número de Mach é un número adimensional empregado de xeito usual para expresa-las velocidades dos avións. Cando se fala de Mach 1, estase a dicir que o avión voa á velocidade do son, Mach 2 fai referencia a que a súa velocidade é dúas veces a velocidade do son etc. Como a velocidade do son nun determinado medio depende, entre outros factores, da temperatura, a velocidade dun avión viaxando a Mach 1 dependerá da súa altitude e das condicións atmosféricas.
Os réximes de voo das aeronaves clasifícanse segundo o número de Mach do seguinte xeito:
- Subsónico: M < 0,7
- Transónico: 0,7 < M < 1,2
- Supersónico: 1,2 < M < 5
- Hipersónico: M > 5
O seu valor está expresado pola seguinte fórmula:
onde
- é o número de Mach
- é a velocidade do obxecto (relativa á do medio)
- é a velocidade do son no medio