Basketball Hall of Fame
O Naismith Memorial Basketball Hall of Fame recoñece e premia a xogadores que demostraron unha habilidade extrema no baloncesto ao longo da súa carreira e a adestradores ou árbitros cunha grande contribución ao mundo do baloncesto. Algúns equipos ao completo tamén están no Hall of Fame, coma os Harlem Globetrotters.
Creouse en 1959, e a construción do museo rematouse o 17 de febreiro de 1968 en Springfield, Massachusetts. En 1985 o edificio foi trasladado a outra zona de Springfield, preto do centro, na beira leste do Río Connecticut.
O 28 de setembro de 2002 o Hall of Fame volveu ser trasladado de novo á súa terceira localización, un edificio de 45 millóns de dólares e 7 400 m².
Membros
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Membros do Basketball Hall of Fame.
Despois dos nomeamentos do ano 2008, o Salón da Fama conta con 285 membros individuais (130 xogadores, 73 adestradores, 3 de ambos postos, 51 colaboradores e 12 árbitros) e 5 equipos. John Wooden, Lenny Wilkens, e Bill Sharman son os únicos que foron incluídos como xogadores e como adestradores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basketball Hall of Fame |