Notacantiformes
Aparencia
(Redirección desde «Notacanthiformes»)
Os Notacantiformes (Notacanthiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos Elopomorfos (Elopomorpha), que comprende especies de peixes mariños con forma de anguía, chamados anguías espiñosas e halosaurios.
Características
[editar | editar a fonte]Aletas pectorais en posición relativamente alta; aletas pélvicas en posición abdominal, con 7-11 radios, habitualmente conectadas por unha membrana. Aleta anal de base longa, unida ó que queda da caudal. Vexiga natatoria presente. Algunhas especies teñen fotóforos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]ITIS considérao como a suborde Notacanthoidei, da orde Albuliformes. Outros autores, como FishBase, baseándose na desaparición da aleta caudal, considérannos orde propia.
Divídese en dúas familias:
- Familia Halosauridae (halosaurios)
- Familia Notacanthidae (anguías espiñosas)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Notacantiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Notacantiformes |