Saltar ao contido

O bico (Klimt)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O Bico (Klimt)»)

O bico
(Der Kuss)
ArtistaGustav Klimt
Data1907-08
Técnicaóleo sobre tea
Dimensións180 cm × 180 cm
LocalizaciónÖsterreichische Galerie Belvedere
Viena (Austria)

O bico (orixinal en alemán: Der Kuss) é unha obra do pintor austríaco Gustav Klimt e probablemente a súa obra máis coñecida. É un óleo sobre lenzo de 180 x 180 centímetros, realizado entre 1907-08.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Esta obra, que segue os canons do Simbolismo, é unha tea con decoracións e mosaicos e fondo dourado.

Está exposta na Österreichische Galerie Belvedere de Viena.

Na bibliografía recente interpretouse este lenzo, dende a óptica da iconografía, como unha representación simbólica do intre no que Apolo bica á ninfa Dafne que se está convertendo en loureiro, de acordo co relato da metamorfose de Dafne que se atopa na obra de Ovidio [1]. Esta obra complétase coa do friso de Klimt no comedor do palacio Stoclet de Bruxelas, no que a metamorfose da parella se consuma e nace un novo loureiro. Esta perspectiva, apoiada na literatura, dá un sentido a esta obra de Klimt nun contexto iconográfico, non só metafórico, da historia da arte.

O devandito cadro tivo grande influencia no vídeo da abertura do anime Elfen Lied. Existe, así mesmo, unha canción, "O bico de Klimt", inspirada neste cadro, e obra da artista madrileña Virjinia Glück.

  1. Metamorfosis I, 452-567.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vives Chillida, Julio, El beso (los enamorados) de Gustav Klimt. Un ensayo de iconografía; Editorial Lulu.com, xuño de 2008, ISBN 978-1-4092-053. Este ensaio pode visualizarse na súa totalidade en lulu.com.
  • Ovidio (2015 (reimpr. 2017)). Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial. ISBN 9788420697208.  (en castelán)