Grinch
Grinch | |
---|---|
Imaxe do Grich nunha escultura de area. | |
Primeira aparición | 1957 |
Información | |
Cor de pelo | verde |
O Grinch é un personaxe de ficción creado polo Dr. Seuss asociado coa época do Nadal.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A súa primeira aparición foi como antagonista no libro infantil de 1957, How the Grinch Stole Christmas! aínda que xa fora mencionado dous anos antes, en 1955.[1] En 1966 reapareceu nun especial de televisión co mesmo nome baseado no libro, producido por MGM Animation/Visual Arts Studio e dirixido por Chuck Jones. En 1977, Seuss respondeu as peticións dos seus fans de crear máis historias sobre o Grinch, motivo polo que escribiu Halloween Is Grinch Night, un especial de Halloween para a CBS. Tal como a súa predecesora, esta secuela foi premiada cun Emmy. En 1982, Marvel produce a curtametraxe The Grinch Grinches the Cat in the Hat, o cal foi coproducido polo Dr. Seuss, baixo o seu verdadeiro nome, Ted Geisel. Esta terceira aparición do personaxe xerou outros dous premios Emmy.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dr. Seuss – Redbook Magazine Original Stories » Collecting Childrens Books". archive.wikiwix.com. Consultado o 2022-12-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Grinch |