Odón (nome)
Aparencia
Odón[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é a raíz xermánica *aud- que quere dicir 'posesión, riqueza'. A súa introdución é recente, derivada de Oto ou Otho, a través do acusativo Othonem na forma latinizada. En galego tamén ten a variante Otón.[2]
En xaneiro de 2023 existían 14 varóns en Galicia co nome Odón, cunha media de idade de 66,6 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coa variante Otón.
Historia
[editar | editar a fonte]Odón é o nome de varios emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico: Odón I o Grande (936-973), Odón II (973-983), Odón III (980-1002) e Odón IV, así como do santo Odón de Cluny (879-942) quen foi o primeiro grande abade desta abadía francesa.
Odón noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Udo/Otto
- Catalán: Odó/Otó/Ot
- Castelán: Odón
- Éuscaro: Oto/Oton/Odon
- Francés: Othon
- Inglés: Otto
- Italiano: Ottone/Oddone/Oddo
- Portugués: Otão/Oto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.). "Odón". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>
. - ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.). "Odón". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>
. - ↑ Nome Odón na Web do Intituto Galego de Estatística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Odón ![]() |