Saltar ao contido

Baia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Olaia»)
Este artigo trata sobre un nome, para o accidente xeográfico véxase Baía.
Santa Baia, John William Waterhouse, 1885

Baia[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o grego Ευλαλια (Eulalia) que significa "elocuente, que fala ben". En galego tamén ten as variantes Eulalia, Oalla, Balla e Alla.[2]

En xaneiro de 2023 existían 20 mulleres en Galicia co nome Baia, cunha media de idade de 7,6 anos,[3] 352 co nome Eulalia, cunha media de idade de 70,6 anos[4] e 21 co nome Alla, cunha media de idade de 47,7 anos.[5]

Historia do nome

[editar | editar a fonte]

Baia é a evolución galega do nome culto Eulalia. Este deriva do adxectivo grego eulalos, composto de ευ (eu, "ben") e λαλεω (laleo, "falar"); o significado pode ser interpretado como "o que fala ben", "que fala con dozura",[6] "elocuente". A forma grega do nome sería Ευλαλια (Eulalia), aínda que só está documentado o masculino Ευλαλιος (Eulalios), latinizado despois tanto ao masculino coma ao feminino.

A difusión do nome débese ao culto ás santas así chamadas, en particular ás dúas mártires españolas, unha de Barcelona e a outra de Mérida. O nome é sonado ademais de en España, en Portugal e Francia. En Italia a notoriedade do nome aumentou grazas a unha canción de Quartetto Cetra de 1947, Eulalia Torricelli da Forlì. En Inglaterra, en época medieval, Eulalia semella confundirse en parte co nome Ilaria, Hilary.

En Galicia Santa Baia é patroa de multitude de parroquias, polo que debeu ser un nome común na antigüidade. Tamén en Cataluña hai unha gran devoción por Santa Baia ou Eulàlia[7] que é patroa de Barcelona xunto con Nosa Señora da Mercé. Ás veces confúndense as vidas de Santa Baia de Mérida con Santa Baia de Barcelona, nena martiritzada a principios do século IV.[8]

O nome Baia/Eulalia foi un nome frecuente na Idade Media en Francia, España e Portugal ("Eulàlia"). Desde os anos 60-70 foi perdendo popularidade, mais os seus hipocorísticos de orixe galega-asturiana: Olaia, Olalla foron gañando popularidade dende aquela en toda España, especialmente no norte (tamén a forma catalá ‘’Laia’’). A forma masculina Eulalio/ Baio está en desuso, tampouco é común a forma galega Baia hoxe en día, sendo a máis común en Galicia a forma Olalla.[8]

Onomástica

[editar | editar a fonte]

A festa onomástica celébrase os días[9]:

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]

Persoeiros

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Baia na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. Nome Eulalia na Web do Intituto Galego de Estatística
  5. Nome Alla na Web do Intituto Galego de Estatística
  6. "Hilary". Online Etymology Dictionary (en inglés). Consultado o 5 novembro 2014. 
  7. Lligadas, Josep (1997). Santa Eulàlia, una fe jove (en catalán) (1ª ed.). Barcelona: Centre de Pastoral Litúrgica. ISBN 84-7467-447-6. 
  8. 8,0 8,1 Laia a sellamara.com Arquivado 18 de agosto de 2015 en Wayback Machine., Datos do Censo Español, Fonte: INE.
  9. http://www.ecampmany.com/santoral

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]