Saltar ao contido

Acceso libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Open access»)

O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín[1]) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico[2]). Na actualidade segue dúas vías de comunicación científica complementarias: as revistas de acceso libre e os arquivos institucionais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]