Saltar ao contido

Ordoño I de Oviedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ordoño I»)
Modelo:BiografíaOrdoño I de Oviedo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento821 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 866 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte morrida Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturapanteón real da catedral de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Asturias
850 – 866
← Ramiro I de OviedoAfonso III de Oviedo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Asturias Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeNuña Editar o valor en Wikidata
FillosLeodegundis Ordoñez, Afonso III de Oviedo Editar o valor en Wikidata
PaisRamiro I de Oviedo Editar o valor en Wikidata  e Urraca Editar o valor en Wikidata
IrmánsRodrigo II de Castela Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Asturias-22

Ordoño I, nado en Oviedo no 821 e finado no mesmo lugar o 27 de maio de 866, foi rei de Galiza[1] desde o ano 850 até o seu falecemento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo as Crónicas afonsinas, morou na corte ovetense até os nove anos, idade na que se trasladou a Lugo, onde completou a súa educación e iniciou a súa formación militar. No ano 842, faleceu o rei Afonso II, o "casto", sen deixar sucesores directos. Nepociano, un nobre palatino, ocupou daquela o trono co soporte da aristocracia da parte máis oriental do reino. Porén, o seu pai Ramiro I foi coroado tamén na catedral de Lugo,[2] marchando a continuación cos seus partidarios contra Oviedo, onde depuxo a Nepociano e asumiu a coroa. En 847, con 26 anos, o agora príncipe herdeiro Ordoño, casou cunha nobre chamada Munia ou Muniadonna, probabelmente orixinaria das zonas montañosas do Bierzo ou do Courel.[3] Deste matrimonio nacerían, cando menos, seis fillos.

Reinado (850-866)

[editar | editar a fonte]
Ordoño I no Libro dos testamentos

Ordoño subiu ao trono en Oviedo no ano 850, após o falecemento do seu pai Ramiro. Case inmediatamente tivo que sufocar unha sublevación, instigada polos Banu Qasi de Zaragoza, nas terras dos vascóns, na altura “os confíns da Gallaecia”.[3]

A arelas expansivas musulmáns fortaleceron a alianza dos galegos co nacente reino cristián de Navarra. Ao seu rei, daquela García Íñiguez, e ao propio Ordoño, "o rei de Galiza e o rei dos vascos",[4] dirixíronse en 854, as xentes da taifa de Toledo na busca de auxilio na súa revolta contra o emir de Córdoba. Ordoño enviou un continxente militar que foi severamente derrotado na batalla de Guadalacete.

Tralo fracaso, o gobernador de Zaragoza, Musa ibn Musa, comezou a fortificar a cidade de Albaida (a actual Albelda de Iregua), no alto Ebro. Alarmados pola construción da fortaleza, os reis de Galiza e Navarra lanzaron os seus exércitos contra ela, destruíndoa na chamada batalla de Albelda, no ano 859.

Ordoño enfrontou tamén durante o seu reinado a a segunda vaga de ataques viquingos á costa galega. Durante o verán do ano 858, os lordomani internáronse pola ría de Arousa tratando de chegar até Iria, principal sé relixiosa de Galiza. Debido ao asalto, os relixiosos buscaron refuxio nas murallas dun lugar próximo: Compostela. Finalmente, un aristócrata chamado Pedro organizou a defensa e conseguiu expulsar os invasores, destruíndo ducias de naves da súa frota. Por causa da demostrada vulnerabilidade de Iria, o Papa Nicolao I permitiu o traslado da sé iriense a Compostela. Ordoño ampliou señorío da cidade e doou importantes bens patrimoniais a igrexa compostelá. Consta tamén o apoio do rei a outros centros eclesiásticos como o mosteiro de Samos.[3]

Ordoño finou o 27 de maio de 866, deixando a coroa ao seu fillo primoxénito Afonso.

  1. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 139. Ordoño I principe dos galegos (citando a Ibn Haián, Ibn Khaldun e al-Maqqari) 
  2. Carriedo Tejedo, Manuel (2002). "La coronación de Ramiro I en Lugo (enero de 843)" (PDF). Lucensia (25): 346–348. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Peres Vigo, Alexandre (2022-09-20). "Ramiro I e Ordoño I. Uns novos reis galaicos". Nós Diario. Consultado o 2022-09-26. 
  4. Carballeira Devasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 139. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Ramiro I e Ordoño I. Uns novos reis galaicos.
(Nós Diario, 20.09.2022)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Calo, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
  • Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
Reino de Galicia

Segue a:
Ramiro I
Ordoño I de Oviedo
Precede a:
Afonso III
Dinastía dos Ramírez (842-910)