Saltar ao contido

Parsec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pársec»)
Parsec

Parsec[1] (pc) é unha unidade de lonxitude usada en astronomía para medir grandes distancias. O nome é un acrónimo formado en inglés a partir das palabras paralax 'paralaxe' e second 'segundo'[2].

Parsec é a distancia a cal se debería situar un observador para ver a distancia dunha unidade astronómica (UA), equivalente á distancia da Terra ao Sol, baixo un ángulo dun segundo de arco (1").

1 parsec (pc) equivale a 3,2616 anos luz, a 206 265 unidades astronómicas (UA) e a 3,08568025×1016 m.

Tanto esta unidade como os seus múltiplos kiloparsec (kpc, mil pársecs, ou 3262 anos luz ) e megaparsec (Mpc, un millón de parsecs, ou 3,26 millóns de anos luz) son moi utilizados para indicar as enormes distancias cósmicas en medidas de distancias espaciais en traballos científicos de astronomía galáctica e extra-galáctica.

  1. "parsec". TERGAL. Consultado o 10/06/2019. 
  2. "parsec". Oxford Dictionaries. Arquivado dende o orixinal o 13/09/2019. Consultado o 10/06/2019. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.