Saltar ao contido

Pablo Morillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pablo Morillo y Morillo»)
Modelo:BiografíaPablo Morillo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pablo Morillo y Morillo Editar o valor en Wikidata
5 de maio de 1775 Editar o valor en Wikidata
Fuentesecas, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1837 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Barèges, Francia Editar o valor en Wikidata
Capitán xeneral de Galicia
17 de outubro de 1832 – 7 de decembro de 1836
← Nazario EguíaMariano Ricafort Palacín y Abarca (en) Traducir →
Capitán xeneral de Galicia
28 de agosto de 1823 – 28 de outubro de 1823
← Antonio QuirogaJuan Senen Contreras (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Pacificador Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade19 de marzo de 1791 Editar o valor en Wikidata - 27 de xullo de 1837 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército de Terra de España e Armada Española Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariscal de campo (1808–1809)
Capitan (en) Traducir (1808–1808)
subtenente (pt) Traducir (1797–1808)
Sarxento (1791–1797) Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerras napoleónicas
Guerra da Independencia española
Guerras da Revolución Francesa
Independencia de Colombia
Venezuelan War of Independence (en) Traducir
primeira guerra carlista Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1519106

Pablo Morillo, conde de Cartaxena de Indias e marqués de la Puerta, nado en Fuentesecas (provincia de Zamora) o 5 de maio de 1775 e finado en Barèges (Occitania) o 27 de xullo de 1837, foi un destacado militar español, que loitou na guerra da Independencia española (1808-1814) e, posteriormente, en Latinoamérica, defendendo o dominio colonial español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1787 ingresou no corpo de Infantaría de Mariña, actuando, aínda ben novo, en Tolón, Francia, e na Batalla de Trafalgar (1805), sendo ascendido a sarxento. No inicio da guerra da Independencia, Morillo estaría presente na batalla de Bailén, valéndolle a súa actuación o ascenso a capitán. Foi logo enviado a Galicia, pola Xunta Suprema Central.

En Galicia

[editar | editar a fonte]
Medalla conmemorativa do centenario da batalla de Ponte Sampaio na que aparece gravado o retrato de Morillo.

Morillo, como militar, actúa nas comarcas miñotas da actual provincia de Pontevedra, onde se incorpora as guerrillas alí combatentes, con mandos como Cachamuíña, chegando a obter o grao de coronel. Participa logo no cerco de Vigo, cidade que é reconquistada o 28 de marzo de 1809. Despois acode ao cerco de Tui, e máis tarde ao de Santiago de Compostela, que se toma en maio dese mesmo ano. Apenas dous meses logo Morillo dirixe a vitoria de Ponte Sampaio, do 7 ao 8 de xuño de 1809, na que cae derrotado o xeneral Ney.

Coas tropas napoleónicas xa en franca retirada de Galicia, Morillo sae para Castela. En 1813 participa na batalla de Vitoria.

En América

[editar | editar a fonte]

Volto a España Fernando VII, Morillo, xa xeneral, é destinado a Hispanoamérica en 1814. O seu comportamento alí é cualificado de duro e brutal. Morillo toma Cartaxena de Indias e Santa Fe, obtendo vitorias sobre Simón Bolívar e Nariño, sendo quen de recuperar o dominio español sobre o antigo vicerreinado de Nova Granada. Porén foi derrotado por Bolívar en Boyacá. Ante o cariz adverso que tomaban os acontecementos, Morillo recibe instrucións desde España para que entre en negociacións cos insurrectos. As conversas rematan co Armisticio de Trujillo (1820). Nese mesmo ano regresa a España, onde o rei Fernando VII, o recompensará outorgándolle os títulos de conde de Cartaxena de Indias e marqués de la Puerta.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

O pronunciamento de Rafael del Riego, que instaura o liberalismo (Trienio liberal), parece decantar a Morillo do lado liberal, mais a entrada do duque de Angulema e os "Cen mil fillos de San Luís" mostra un Morillo colaborador cos absolutistas, perseguindo os liberais: vitorias de Compostela e Ponte Sampaio, toma da Coruña e Vigo. Porén ao retomar Fernando VII o poder absoluto, Morillo termina por exiliarse en Francia. En 1832, con todo, Morillo é nomeado capitán xeneral de Galicia, posto desde o cal emprenderá a represión contra o carlismo. Así e todo en 1836, pasa de novo a Francia, por motivos de saúde.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]