Pablo Rodríguez Oitabén
![]() Pablo Rodríguez no bosque de Ridimoas en 2017. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1950 ![]() Beade, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | debuxante, caricaturista, activista medioambiental ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Pablo Rodríguez Fernández, máis coñecido como Pablo Rodríguez Oitabén e tamén como Pablo Oitabén, nado en Beade o 24 de xaneiro de 1950,[1][2] é un profesor, debuxante, pintor, taxidermista e ecoloxista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 1970 foi estudar pintura a Vigo e en 1973 expuxo os seus cadros no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense sendo director Xesús Ferro Couselo.[3] Posteriormente foi a Barcelona e alí mellorou as súas técnicas de debuxo traballando xunto con Escobar e outros artistas.[4]
A comezos dos anos 70 colaborou no xornal La Región.[5] En 1975 comezou a colaborar na revista de banda deseñada Vagalume coas series De, Sol e Por e Tarrantés.[6][7] Tamén colaborou coa revista Frente Comixario.[8] Nos anos 1988 e 1989 colaborou co pintor Manuel Carballeira Rivas nun proxecto de debuxos animados para a Televisión de Galicia.[9] No ano 1988 foi un dos fundadores da Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas e dende ese ano é o seu presidente.[10] En 1989 participou no proxecto para a recuperación da cegoña branca en Galicia e entrevistouse con Max Bloesch, experto internacional no estudo da especie, para aprender as súas técnicas de recuperación.[11]
Participou en 1997 na curta Os lobos, baseada no conto homónimo de Ánxel Fole incluído na obra Á lus do candil.[12]
Foi profesor da antiga Universidade Laboral de Ourense e posteriormente do IES do Ribeiro en Ribadavia ata o ano 2011 en que se xubilou.[10][13] Nestes centros impartiu as materias de Deseño e Debuxo, ensinando ós alumnos técnicas de debuxo de cómics e de animación de debuxos, realizando con eles varias curtas coas que conseguiron varios premios como o Concurso de Vídeo do Congreso "Pé de Imaxe", o de Cine Afeccionado de León e o do Certame Galego de Vídeo na Escola.[4]
Colaborou na recollida de datos meteorolóxicos durante 20 anos para o Programa Globe da NASA, ata o ano 2011, e continúa a recollelos para MeteoGalicia.[13][14] En 2020 participou no documental da PBS The Orphan Owl (en galego, A curuxa orfa), da xornalista Ana Salceda, no que se amosa o proceso de recuperación dun polo de curuxa e a súa posterior posta en liberdade.[15]
Obras
[editar | editar a fonte]- A Figueira, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1989.[16]
- Aventura De Sol Por en Pena Corneira, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1990, ISBN 84-86129-22-2.[16][17]
- As aves de rapina en Galiza. Guía de campo e guía didáctica, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1991.[16]
- Areal de San Cristovo e Ribeiras do Avia, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 1993.[16]
- As viñas no Ribeiro, Galiza Editora, Santiago de Compostela, 1995.[16]
- As ermidas e o mar: unidade didáctica, de Carmen Blanco Pardal e Carmen Robledo Muíña, debuxante do cómic Pablo Oitabén, Dirección Xeral de Política Lingüística, Santiago de Compostela, 1998.[18]
- Fauna vertebrada do Ribeiro, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2006.[16][19]
- O voo da noitebra, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2009.[16][20]
- Pepiño o Arrieiro, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2015.[21]
- Viaxe ás cegoñas, edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2016.[21][22]
- Bosque Ridimoas, Visita guiada., edita Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, Beade, 2018.[21]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]No ano 2001 recibiu o premio "Voz del Año del Medio Ambiente" do xornal La Voz de Galicia.[23]
Recibiu o premio Freire Carril da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo, concello de Ourense, no ano 2010.[24]
En 2016 recibiu o premio Arenteira pola súa defensa da natureza e a súa divulgación na ensinanza, concedido polo Aparthotel Arenteiro do Carballiño.[25][26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ledo, Bieito, ed. (2011). "Rodríguez Fernández, Pablo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Vigo: Ir Indo Edicións. p. 187. ISBN 978-84-7680-686-9.
- ↑ VV.AA. (1999-2002). "Rodríguez Fernández, Pablo". Enciclopedia Galega Universal 14. Vigo: Ir Indo Edicións. p. 505. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Conversa con Pablo Oitabén
- ↑ 4,0 4,1 "Aprender a construír imágenes". Cuadernos de Pedagogía, Candia Durán, Francisco Xosé, Nº: 276, xaneiro de 1999 (require subscrición)
- ↑ Vídeo BDG70: Pablo "Oitabén" presenta a Sol e Por YouTube.
- ↑ Ficha do Nº 1 de VAGALUME tebeosfera.com.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ Ficha en Tebeosfera
- ↑ Manuel Carballeira: Biografía
- ↑ 10,0 10,1 Sitio web da Asociación Ridimoas
- ↑ Caho, A. (17/6/2016). "Unha viaxe de altos voos en cegoña" Faro de Vigo.
- ↑ Os lobos (adaptación do conto de Anxel Fole) YouTube.
- ↑ 13,0 13,1 "Ridimoas le sigue la pista al clima", 26.02.2012, Faro de Vigo. (en castelán)
- ↑ C. Paradela "Un cuaderno didáctico explica el bosque de Beade", O Carballiño, 22/02/2011, La Voz de Galicia
- ↑ The Orphan Owl en Youtube.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Publicacións, Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas
- ↑ Ficha en Iberlibro
- ↑ Ficha do libro no Catálogo das Bibliotecas de Galicia.
- ↑ Libro no sitio web Todocolección.
- ↑ Ficha na Biblioteca Nacional de España.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Tenda, Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas
- ↑ Ficha na Biblioteca Nacional de España.
- ↑ "El Grupo Voz entregará el 6 de abril los premios a los ourensanos más destacados durante el 2000" 22/3/2001 (en castelán).
- ↑ HISTORIAL PREMIO FREIRE CARRIL
- ↑ José Carballeda, Oitabén y Míguez, premios Arenteira La Región, 26/11/2016 (en castelán).
- ↑ Galardón Arenteira. Premiados Edición 2016
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Rodríguez Oitabén ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Rodríguez Fernández, Pablo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 187.
- "Rodríguez Fernández, Pablo". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 505. ISBN 84-7680-288-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Conde, Alfredo. "Reconciliarse coa especie humana" Arquivado 23 de febreiro de 2021 en Wayback Machine., El Correo Gallego.
- O fío do retrato, Cap. 5. Oitabén "A natureza", na TVG
- Ficha sobre Sol por na páxina web do Consello da Cultura Galega
- Curta Os lobos (adaptación do conto de Anxel Fole) YouTube.
- Vídeo BDG70: Pablo "Oitabén" presenta a Sol e Por YouTube
- Pablo Oitabén: «A Ridimoas tes que adicarlle a vida porque sempre hai cousas que facer», biografía en La Voz de Galicia