Granxa de Briz
Granxa de Briz | |
---|---|
Vista do interior do parque. | |
Tipo | parque |
Data de fundación | 2011 |
En | Marín |
País | Galicia |
42°23′21″N 8°42′22″O / 42.389205569489, -8.7060008357834 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Granxa de Briz, tamén coñecida como Finca de Briz ou Parque dos Sentidos, é un gran parque situado no concello de Marín. Conta cunha zona de tobogáns e xogos integrados na natureza, unha pequena lagoa natural e outra artificial. Tamén dispón dun auditorio ao ar libre e unha superficie total de 23.690 m².
O terreo consta de tres edificacións. A primeira delas é unha casa que se coñece como "chalé principal", convertido hoxe en oficinas municipais nas que se realizan diversos obradoiros de emprego. A segunda edificación coñécese como "casa adega", que na actualidade alberga os servizos sociais do concello e na que se imparten cursos e charlas. A última construción, denominada como "casa dos caseiros" está rodeada por unha muralla cunha lagoa no seu interior e na que se poden atopar árbores froiteiras, especies autóctonas e vides.
Historia
[editar | editar a fonte]O parque ten orixe como Granxa da Costa dos monxes do mosteiro de Oseira, e trala súa desamortización mercouna Roberto Munaiz en 1838. A familia Munaiz levantou unha vivenda que se coñecería co denominación de Villa Paula, nome que compartían tanto a muller do propietario coma unha neta. En 1942, unha descendente, Ana Mª Saraiva Munaiz, casada con Marcelino Briz, decidiu edificar un chalé, que se converteu na súa residencia de verán e na que se realizaban bailes de sociedade, coa asistencia de destacadas personalidades da época: militares, políticos, empresarios, e amizades da familia.
En outubro do ano 1999 o terreo pasou a titularidade municipal ó ser adquirida polos irmáns Briz Saraiva por 150 millóns de pesetas. Dende aquela recibiu por parte do concello a denominación de Finca de Briz, perdéndose así o vencello que co apelido Munaiz mantivera ó longo de tantos anos. Despois de case once anos de rehabilitación dos edificios e de acondicionamento da contorna, o parque foi inaugurado o 26 de marzo de 2011.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Sinal na entrada do parque.
-
Hórreo.
-
Lavadoiro do parque.