Saltar ao contido

Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Partido nazi»)
Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (NSDAP)
Antigo partido político de Alemaña
Dirixentes e organización
LíderAnton Drexler (1920 - 1921)

Adolf Hitler (1921 - 1945)

Martin Bormann (1945)
MocidadesJugendbund der NSDAP (JdN)
Filiación internacionalNingunha
Historia
Fundación24 de febreiro de 1920
Disolución1945
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalsocialismo
Panxermanismo
Outros datos
SedeBerlín
PublicaciónVölkischer Beobachter
Na rede
Non
BNE: XX142258
Bandeira do partido.

O Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (tamén traducido por Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán; en alemán Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), mellor coñecido como o Partido Nazi, foi o partido político levado ó poder por Adolf Hitler en 1933. O termo nazi é unha forma abreviada da palabra alemá Nationalsozialismus (nacionalsocialismo), que era a ideoloxía do partido. O partido foi a principal forza política na Alemaña Nazi dende a caída da República de Weimar (1933) até o fin da segunda guerra mundial en 1945, cando foi declarado ilegal e os seus líderes foron arrestados e culpados de crimes de guerra, contra a humanidade e contra a paz nos xuízos de Nuremberg entre novembro de 1945 e outubro de 1946.

O antecesor do Partido Nazi, o Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Alemán), foi fundado en 1919 por un cerralleiro chamado Anton Drexler (xunto a Gottfried Feder, Dietrich Eckart e Karl Harrer) como un dos movementos populares (de: völkisch) que existían en Alemaña como resultado da súa derrota na primeira guerra mundial.

Para investigar a este grupo, o servizo de intelixencia do exército alemán enviou a Hitler, un xove cabo, a monitorear as actividades deste partido. Impresionado polo que viu, ingresou como membro nº 55, aínda que Hitler despois declarou ser o "Membro do Partido número 7", para facer crer que el fora un dos fundadores. El en realidade foi o 7º membro do comité central e Responsable de Propaganda. Durante a súa xestión, iniciouse a contabilidade dos membros do partido, iniciándose a conta no número 500 para dar idea de gran cantidade, polo cal quedou asignado o 555 a Hitler. Logo de ser proscrito polo fracasado Putsch de Múnic en 1923, o partido foi refundado co nome de Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (NSDAP, nas súas siglas alemás) o 25 de febreiro de 1924, obtendo Hitler a xefatura do partido.

Despois de que o seu intento de golpe de estado fracasara en Baviera, os nazis competiron nas eleccións restantes nos anos vinte. Nas eleccións da década de 1930, impulsados polos problemas económicos de Alemaña na incipiente Gran Depresión, incrementaron os seus votos dramaticamente, converténdose no segundo partido máis grande no Reichstag. Isto mellorou a súa posición nos anos vindeiros e, a pesar dunha pequena proscripción da SA (Sturmabteilung, Seccións de Asalto, o exército privado do partido) en 1932, nas eleccións do mesmo ano o partido alcanzou un total de 13.57 millóns de votos e converteuse no bloque máis votado no Reichstag. En vista que os nazis gañaran 22 procesos electorais e eran maioría no Congreso, Hitler foi nomeado Chanceler polo presidente Hindenburg o 30 de xaneiro de 1933, e nunhas eleccións nacionais, os nazis e os seus aliados nacionalistas alcanzaron a maioría, a cal usaron para aprobar un Acto Permisorio para poñer o poder absoluto nas mans de Hitler. Despois da proscripción ou cancelación de tódolos outros partidos (5 de xullo de 1933) e a prohibición de formar novos (14 de xullo de 1933), os nacionalsocialistas convértense no único partido político restante. Isto era parte do Gleichschaltung (literalmente "sincronización", termo usado nun sentido político para describir o proceso mediante o cal o réxime nazi estableceu sucesivamente un sistema de control totalitario sobre o individuo).

Nomearon ás SA como brazo político do Réxime e á SS como un organismo auxiliar da Policía, ademais de fundar a Policía Secreta do Estado, en alemán: Geheime Staats Polizei, cuxas siglas, GESTAPO, foron o terror de Europa.

O Partido Nazi tivo preto de 14 millóns de militantes até 1945, cando foi prohibido. Actualmente en Alemaña o Partido Nacional Demócrata loita polo levantamento desa prohibición e está refundado nos Estados Unidos como o NSDAP/AO (Ausland Organization: Organización no estranxeiro), cuxo máximo líder, Gerhard Lauck, ten inundado Alemaña e Europa de propaganda Nazi e propiciado a creación de miles de grupos que apoian ó Nazismo.

O himno do Partido Nazi era Horst Wessel Lied ("A canción de Horst Wessel").

Programa do partido

[editar | editar a fonte]
NSDAP Gaue 1926,1928,1933 e 1937.

Os principais puntos do programa nacionalsocialista eran os seguintes:

  • Panxermanismo: unificación de tódolos alemáns nunha "Grande Alemaña".
  • Abrogación do Tratado de Versalles, considerado como humillante e inxusto para Alemaña.
  • Obtención de Lebensraum: ocupación de novos territorios para soster á crecente poboación alemá.
  • Exaltación da raza aria, considerada como superior.
  • Racismo e antisemitismo: desprezo cara ás razas consideradas inferiores, especialmente cara aos xudeus.
  • Rexeitamento á inmigración non alemá.
  • Adopción de políticas paternalistas e sociais por parte do Estado.
  • Anticomunismo.
  • Establecemento dun Estado forte e intervencionista.
  • Rexeitamento á democracia.
  • Abolición do dereito romano.