Complexo Deportivo da Zona Escolar
Aparencia
(Redirección desde «Pavillón da Zona Escolar»)
Polideportivo da Zona Escolar | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°13′02″N 8°41′02″O / 43.217294112935, -8.6839597099517 |
Localización | Carballo, Galiza |
Construción | |
Inauguración | 1989 |
Estadio | |
Dimensións | 42 x 25 |
Capacidade | 800 asentos |
Localía | Basket Xiria Balonmán Xiria Voleibol Xiria |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Complexo Deportivo da Zona Escolar ou Complexo Deportivo Vila de Noia, é un recinto polideportivo da localidade de Carballo. Trátase do lugar emblemático do deporte carballés, inaugurado en 1989 e feudo das distintas seccións da AD Xiria (baloncesto, balonmán e voleibol). O Pavillón está construído coa piscina ao seu carón nun recinto único. O complexo conta cunha piscina climatizada inaugurada en 1987 (remodelada no 2009 para acoller tamén unha zona spa), un pavillón de parqué flotante e un ximnasio.