Pegerto Pardo Balmonte
Aparencia
(Redirección desde «Pegerto Pardo Balmonte y Gil»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1843 Castro de Rei, España |
Morte | 12 de novembro de 1929 (85/86 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Pegerto Pardo Balmonte Gil, nado en Castro de Rei en 1843 e finado en Madrid o 12 de novembro de 1929[1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Restauración integrouse no Partido Liberal sendo un dos homes de Benigno Quiroga Ballesteros, pero mantendo boas relacións con Manuel Vázquez de Parga, líder dos conservadores lugueses[2]. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Fonsagrada en 1881 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1886, 1891, 1893 e 1899. Foi elixido senador pola provincia de Lugo en doce lexislaturas entre 1899 e 1923.
Casado con Segunda García, foi tío e mentor político de José Benito Pardo Rodríguez (Pepe Benito).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Regional, 13,11,1929, p. 3.
- ↑ "Biografía de José Benito Pardo Rodríguez por Juan Soto" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2010. Consultado o 16 de setembro de 2012.