Período Ubaid
Epónimo | Tell al-'Ubaid (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Sucedido por | Período de Uruk e Late Chalcolithic (en) | |||
Periodo de El Obeid ou El Ubaid son as denominacións historiográficas dun período protohistórico de Mesopotamia.
Tell el-Obeid ou el-Ubaid (en àrabe: العبيد, al-ʿUbayd) son transcricións ao alfabeto latino do topónimo árabe que corresponde arqueoloxicamente a un asentamento da Baixa Mesopotamia, cuxa cultura material, identificada na súa extensión por unha grande área do Antigo Oriente Próximo, coñécese como cultura El Obeid.[1] Esta cultura considérase a primeira etapa da civilización sumeria, mantendose descoñecida a orixe real dos sumerios como pobo.
O "Tel" que identifica este sitio arqueolóxico está situado a pouca distancia ao oeste da antiga cidade de Ur.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros testemuños desta cultura datáronse cara ao 5000 a.C., acadando o seu maior desenvolvemento cara ao 4500 a.C.. Ao redor do 4000 a.C. está moi estendido en gran parte do Oriente Medio, estendendose esta unidade cultural ata o 3700 a.C. aproximadamente.[1] O comezo desta etapa coincide aproximadamente coa entrada na rexión dos nómades desde as montañas Zagros.[2]
Arqueoloxicamente, o período Obeid divídese en catro subperíodos. Segundo a escola de Lión, cada un deles corresponde a un dos períodos da historia do Oriente Medio,[3] a partir de Obeid I no "período 6" e o Obeid IV no "período 9".[4]
Escola de Lión | Datas | Subdivisión |
---|---|---|
Período 6 | 5600 a.C.–5000 a.C. | Obeid I |
Período 7 | 5000 a.C.–4500 a.C. | Obeid II |
Período 8 | 4500 a.C.–4100 a.C. | Obeid III |
Período 9 | 4100 a.C.–3700 a.C. | Obeid IV |
A esta escala cronolóxica pódeselle engadir un período Obeid O, anterior, identificado no sitio de Tell el-'Oueili, que trazaría as súas datas ata o 6400 a.C.[5]
Tecnoloxía
[editar | editar a fonte]Durante o período El Obeid, a agricultura avanzou grazas ao control das augas superficiais, a través de técnicas de rego baseadas en canais.[6] Este desenvolvemento permitiu que a agricultura florecera en novas áreas de Mesopotamia.[1]
A olería deste período desenvolveuse a través dalgúns trazos moi característicos, moi diferentes aos da cultura Halaf anterior, pasta verdosa con engobe claro, cuncas, pratos e xerras pequenas como elementos máis prolíficos e decoración xeométrica sobre fondo claro. As formas cerámicas evolucionan, paredes cerámicas máis finas, a aparencia dos "vasos de tartaruga", xerras máis grandes agora equipadas con tiradores e incluso botellas con pescozos longos.[1] A expansión desta olería por toda a conca de Mesopotamia ata o Mediterráneo é un sinal do impulso que experimentou a cultura de El Obeid.[1]
Tiña cerámica de torno pulimentada e avanzaron na metalurxia, atopáronse moldes e unha especialización artesanal en estampado de cobre. Os metais procedían do Cáucaso.
É a primeira cultura na que se detectou o desenvolvemento de símbolos documentais identificables de cada persoa, placas de arxila con incisións. Máis tarde estas identificacións evolucionaron ata os selos cilíndricos que se colgaban do pescozo e que incorporarán inscricións de escritura coa aparición da escrita cuneiforme. A ausencia de pedras duras na zona implicou a necesidade de comercio a longa distancia para contar con material para tallalas.
Relixión
[editar | editar a fonte]No período Obeid atópanse os primeiros restos de edificios relixiosos integrados nas cidades (templos).[7] Inicialmente foron en forma de socalcos, edificios rectangulares e tellados planos. Estas construcións son a orixe dos cigurats, formados pola superposición de varios socalcos de anchura decrecente.[7] Os seus templos eran de proporcións maiores que os de Eridu, superando os 12 metros cadrados.
Os enxovais funerarios, destacan polas súas figuras con cabezas de serpe, características do culto á Deusa nai.[a]
Entre os mitos desta cultura, destacou o de Inanna ou Ishtar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cómpre ter en conta que as serpes eran, en moitas culturas, consideradas como un animal benfeitor, aspecto que tamén se estendería por todo o mundo grecolatino, pero que, co pecado orixinal da tradición cristiá, se volvería ao revés para entender a serpe como animal negativo).
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Margueron, Jean-Claude (2002). "La época de El Obeid". Los mesopotámicos. Fuenlabrada: Cátedra. ISBN 84-376-1477-5.
- ↑ Asimov, Isaac (1986). "Los sumerios - Las grandes invenciones". El Cercano Oriente. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-3745-7.
- ↑ Prehistorie du Levant, Coll, int, du C.N.R.S., 1980
- ↑ Margueron, Jean-Claude (2002). "La inicios del Neolítico en Mesopotamia". Los mesopotámicos. Fuenlabrada: Cátedra. ISBN 84-376-1477-5.
- ↑ Huot (1985), p.122
- ↑ Margueron, Jean-Claude (2002). "El dominio del agua". Los mesopotámicos. Fuenlabrada: Cátedra. ISBN 84-376-1477-5.
- ↑ 7,0 7,1 Margueron, Jean-Claude (2002). "¿El templo nació en la época de Obeid?". Los mesopotámicos. Fuenlabrada: Cátedra. ISBN 84-376-1477-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Período Ubaid |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Huot, J.-L. (1985). "Tell el'Oueili. Principaux Résultats de la Quatrième Campagne (1983)". Paléorient 11 (1): 119–123. doi:10.3406/paleo.1985.4367.
- Liverani, Mario (2013). The Ancient Near East: History, Society and Economy (en inglés). Londres: Routledge.
- Price, T. Douglas (2000). Europe's First Farmers (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9780521665728.
- Stiebing, William H. (Jr);; Helft, Susan N. (2017). Ancient Near Eastern History and Culture (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 9781134880836.
- Thorpe, I. J. (2003). The Origins of Agriculture in Europe (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 9781134620104.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O problema sumerio Arquivado 17 de febreiro de 2020 en Wayback Machine..
- Stone Statue from Tell al-'Ubaid - British Museum
- Copper Bull figure from Tell al-'Ubaid - British Museum
- Recent (2008) site photographs - British Museum Arquivado 01 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
Predecesor: Cultura Halaf |
Historia de Mesopotamia | Sucesor: Período de Uruk |
Predecesor: Eridu |
Historia de Mesopotamia | Sucesor: Período de Uruk |