Perca común
Perca común (Perca fluviatilis) | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Perca fluviatilis' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||||
Vermello: nativo
Verde: Introducida |
A perca común (Perca fluviatilis) é un peixe da familia dos pércidos. É unha especie depredadora de perca que habita en Europa e no norte de Asia. A especie é unha presa habitual para os pescadores con anzol, e foi amplamente introducida alén da súa área nativa, en Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Por mor disto, causaron un grave dano ás poboacións de peixes nativos de Australia e foi declarada unha especie nociva en Nova Gales do Sur.[1]
A perca común é de cor verde coas zonas pélvica e as aletas anal e caudal de cor vermella. Teñen entre cinco e nove barras verticais nos laterais.
A perca común pode variar moito entre diferentes corpos de auga. A súa esperanza de vida é duns 22 anos, e as percas máis vellas son moito meirandes do nomal, sendo o tamaño máximo rexistrado de 60 cm de lonxitude. O récord británico é de 2,8 kg, pero son maiores as da Europa continental que as das illas Británicas. O desove da perca prodúcese (no hemisferio norte) a finais de abril e comezos de maio, depositando os ovos sobre plantas acuáticas, ou en pólas de árbores e arbustos inmersas na auga. Os ovos non eclosionan até o mes de xullo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 02 de maio de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perca común |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Helfman, G., B. Collette i D. Facey: The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts (Estados Unidos), 1997.
- Kottelat, M., 1997. European freshwater fishes. Biologia 52, Suppl. 5:1-271.
- Moyle, P. i J. Cech.: Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª. edición, Upper Saddle River (Nova Jersey, Estados Unidos): Prentice-Hall. Ano 2000.
- Nelson, J.: Fishes of the World, 3ª. edición. Nova York, Estados Unidos: John Wiley and Sons. Ano 1994.
- Wheeler, A.: The World Encyclopedia of Fishes, 2ª. edición, Londres: Macdonald. Ano 1985.