Perennifolio
Aparencia
(Redirección desde «Perennifolia»)
Os termos perennifolio e perennifolia, derivados do latín perennis, duradeiro, perenne, e folium, folla, emprégase en botánica para cualificar as árbores e aos arbustos que posúen follas vivas ao longo de todo o ano, en contraposición aos termos caducifolio e caducifolia. Nas árbores caducifolias e nos arbustos caducifolios, todas as follas morren cada ano durante a estación fría e volven a brotar follas novas á chegada da estación cálida.
Nas árbores e arbustos de folla perenne, en cambio, só morren unha parte das follas cada inverno e outras, as máis novas, permanecen na planta e únense ás novas que brotan cada primavera, de maneira que o período vital de cada folla pode durar varios anos, polo que tamén se denominan sempreverdes.
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |