Pythonidae
Aparencia
(Redirección desde «Pitón»)
Os pitóns[1] ou pythonidae son unha familia de serpes constritoras. O xénero Python foi descrito por Daudin en 1803. Os pitóns pódense distinguir das boas en que teñen dentes no premaxilar, un pequeno óso na parte frontal da mandíbula superior. A maioría das boas dan a luz crías vivas, mentres que os pitóns poñen ovos. Algunhas especies de boas de area (subfamila Ericinae) coñécense erroneamente como pitóns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pitón.