Saltar ao contido

Polifilético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Polifilética»)
Cladograma dos primates, mostrando un grupo monofilético (os simios, en amarelo), un parafilético (os prosimios, en azul, incluíndo o parche vermello) e un polifilético (os loris e tarseiros, en vermello).

En filoxenia dise que é polifilético aquel grupo de organismos que non inclúe ao antepasado común máis recente de todos os seus membros e que, por tanto, está constituído pola unión artificial de ramas dispersas da árbore evolutiva. Dita condición denomínase polifilia (do grego πολύ polý, "moitos", "numerosos", e φυλή phylé, "tribo", "grupo de individuos").

Exemplos de grupos polifiléticos son as algas, os esporozoos e os ungulados. Os grupos polifiléticos son universalmente rexeitados nas clasificacións modernas, aínda que por inercia seguen a empregarse en obras divulgativas e incluso en libros de texto.

A consideración destes grupos dábese a erros na interpretación do parentesco, o criterio que se emprega para a clasificación dos seres vivos. Explícanse, xa que no se xustifican, pola presenza de caracteres comúns adquiridos de maneira independente como consecuencia de fenómenos evolutivos como a converxencia ou o paralelismo.

Non se debe confundir polifilético con parafilético.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Funk, D. J. e Omland, K. E. (2003): "Species-level paraphyly and polyphyly: Frequency, cause and consequences, with insights from animal mitochondrial DNA". Annu. Rev. Ecol. Evol. Syst. 34: 397–423. Artigo en PDF Consultado o 15/01/2013.