Pomatómidos
Os Pomatómidos (Pomatomidae) son unha familia de peixes mariños da suborde Percoideos (Percoidei). Distribúense polos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.
A especie máis importante -para algúns a única da familia- é a anchova (Pomatomus saltatrix), que non debe confundirse coa anchoa ou bocarte (Engraulis encrasicholus).
Características
[editar | editar a fonte]Presentan un corpo largo, fusiforme e algo comprimido lateralmente, cuberto de escamas ben aparentes. A cabeza é grande, e a boca grande e terminal.
Posúen dúas aletas dorsais: a primeira curta e formada por 7-8 espiñas; a segunda longa e cunha espiña máis 13-28 radios brandos. Unha única aleta anal, homóloga á segunda dorsal, formada por 2-3 espiñas e 12-27 radios brandos. As pectorais, curtas e espatuladas; as ventrais pequenas e a caudal escotada.
Son peixes peláxicos que viven a profundidades medias e que ocasionalmente poden achegarse á costa, de hábitos carnívoros, que atacan outros peixes.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Algúns autores inclúenos na familia Carangidae.
Admítense tres xéneros:
- Pomatomus
- Scombrops
- Sphyraenops
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pomatómidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pomatómidos |