Ponte do Pozo Negro
Ponte do Pozo Negro | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
Coordenadas | 42°43′42″N 8°13′27″O / 42.728377777778, -8.2240555555556 |
Río | Deza |
Concello | Silleda - Vila de Cruces |
Provincia | Pontevedra |
Características | |
Construción | Principios século XX |
Tipo | taboleiro |
Material | Pedra, formigón e ferro |
A ponte do Pozo Negro ou do Puzo Negro[Cómpre referencia] é unha ponte construída sobre o río Deza entre as parroquias de Ponte (Silleda) e San Pedro de Losón (Vila de Cruces).
Situación e descrición
[editar | editar a fonte]Sitúase a carón do Pozo Negro, do cal toma o nome. Este pozo do Deza recibe esta denominación debido á cor escura que toma a auga do río nese lugar.
Consta dunha plataforma de formigón e ferro, protexida por unha varanda tamén de ferro. Esta plataforma sostense sobre dúas paredes de parede levantadas a ambas lados do río, estando contruída a do lado de Ponte sobre un penedo.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi construída a comezos do século XX para canalizar o tránsito de persoas e mercadorías entre as terras do Corpiño e Carbia e as de Trasdeza, onde se viña celebrando na parroquia de Silleda unha feira os días 6 e 23 de cada mes. Así pois, o camiño que se dirixe cara esta ponte aínda conserva o nome de camiño da feira[1].
Coa mellora das vías e medios de comunicación, esta ponte caeu en desuso en detrimento doutras próximas (A Carixa, Ponte Taboada). No ano 1993, abriuse ao tránsito a PO-205, cuxo viaduto axudou a salvar o desnivel do Deza entre Ponte e San Pedro de Losón. Na actualidade a ponte do Pozo Negro só é utilizada por troiteiros e sendeiristas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cara norte da ponte.
-
Penedo no Pozo Negro.
-
O Pozo Negro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ferreira Priegue, Elisa María. Los caminos medievales de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ponte do Pozo Negro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.