Portal:Romanía/Cabezallo
Romanía (en romanés: România, [romɨˈni.a] (AFI), Limita con Hungría e Serbia ao oeste, Ucraína e Moldova ao nordeste e ao leste, e Bulgaria ao sur. Con 238 391 km², Romanía é o noveno país máis grande da Unión Europea por área, e conta coa sétima maior poboación da Unión Europea con máis de 19 millóns de habitantes. A súa capital e cidade máis poboada é Bucarest, a décima cidade máis grande da Unión Europea. Romanía uniuse á OTAN o 29 de marzo de 2004, e á Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007. Tamén é membro da Unión Latina, a Francofonía, a OSCE, a OMC, a BSEC e as Nacións Unidas. Hoxe en día, Romanía é un Estado unitario cunha república semipresidencial, na que o poder executivo componse do presidente e do Goberno. Romanía e Moldova son os únicos países de Europa Oriental cuxas linguas son romances. |