Pobo potawatomi
Pobo potawatomi | |
---|---|
Leopold Pokagon, xefe potawatomi. | |
Poboación | |
Poboación total: 28 000 | |
Rexións principais: | |
Canadá | Ontario |
Estados Unidos | Indiana, Kansas, Míchigan, Oklahoma e Wisconsin |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua potawatomi e inglés |
Relixión | Midewiwin, animismo e cristianismo |
Grupos relacionados | Ojibwa, ottawa e outros pobos algonquinos |
Os potawatomi son un pobo indíxena do grupo anishinaabe que habita na rexión das Grandes Chairas, ó norte do río Mississippi e no oeste da rexión dos Grandes Lagos. Están relacionados cos pobos ojibwa e ottawa. Tradicionalmente, falan a lingua potawatomi, pertencente á familia algonquina. Os potawatomi chámanse a si mesmos Neshnabé, un conato da palabra Anishinaabe. Os potawatomi formaban parte dunha alianza de longa duración, coñecida como concilio de tres lumes, cos pobos ojibwe e ottawa. No concilio de tres lumes, os potawatomi eran considerados o "irmán máis novo" ou bodéwadmi.
No século XIX, foron forzados a trasladarse cara ó oeste polos europeos e foron recluídos en reservas en Oklahoma. Por mor da deportación masiva de indíxenas, moitos cederon as súas terras e foron recolocados en Nebrasca, Kansas e o Territorio Indio. Algunhas bandas sobreviviron no Medio Oeste e no presente forman tribos recoñecidas. No Canadá, existen máis de 20 bandas de potawatomi.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo potawatomi |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hannahville Indian Community; Wilson, MI
- Citizen Potawatomi Nation, official website
- First Nations Compact Histories: Potawatomi History Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine.