Címbalo
Aparencia
(Redirección desde «Prato (instrumento musical)»)
Címbalo | |
---|---|
Címbalo, Pratos | |
Información | |
Clasificación | Percusión |
Instrumentos relacionados | Crótalo |
Fabricantes notables | Zildjian, Sabian, Paiste, Meinl, Istanbul Agop |
O címbalo[1] ou prato[2] é un instrumento de percusión común. Moitas veces usados en parellas, os címbalos consisten en discos finos feitos de varias aliaxes. A maioría dos címbalos son de ton indefinido, aínda que os máis pequenos baseados en deseños antigos soan nota definidas (como os crótalos). Os címbalos úsanse en moitos conxuntos que van dende a orquestra, os conxuntos de percusión, as bandas de jazz, as bandas de heavy metal e os grupos de marcha. As baterías adoitan incorporar polo menos un crash, ride ou crash/ride e un par de hi hats.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra címbalo deriva do latín cymbalum, que é a latinización da palabra grega κύμβαλον kymbalon, "pratiño", que á súa vez deriva de κύμβη kymbē, "copa, cunca".