Saltar ao contido

Premio Castelao de Teatro Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premios Castelao de Teatro Galego»)
Placa na sede da Agrupación Cultural O Facho na Coruña.

O Premio Castelao de Teatro Galego foi un certame literario organizado pola Agrupación Cultural O Galo entre 1964 e 1967. Leva o nome de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, autor da obra Os vellos non deben de namorarse.

Características

[editar | editar a fonte]

A primeira edición convocouse en marzo de 1964 a través das páxinas do xornal La Noche.[1]. Naceu no contexto de recuperación cultural iniciada na década de 1950, despois da celebración do Certame Literario do Miño en 1960 e da creación do Día das Letras Galegas en 1963.

Naceron como resposta á necesidade de promover un teatro galego perdurábel e elaborado.[2] Formaron parte do xurado personalidades do galeguismo como Ramón Otero Pedrayo ou Ricardo Carvalho Calero. A Agrupación Cultural O Galo recadou os cartos dos premios mediante a "campaña do peso".

O final dos Premios de Teatro Castelao produciuse como consecuencia do nacemento do teatro independente en Galicia, supoñendo este último feito (na opinión de autores como Laura Tato Fontaíña ou Manuel F. Vieites)[3] o inicio dunha nova etapa do teatro galego. En 1965 fundouse o Grupo de Teatro O Facho, ligado á Agrupación Cultural O Facho e dirixido por Manuel Lourenzo.[4]

Edicións

[editar | editar a fonte]
  1. "Convocatoria del Premio "Castelao" de Teatro Galego". La Noche. 10 de marzo de 1964. p. 8. 
  2. Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)
  3. F. Vieites, Manuel. Historia do Teatro Galego. Unha lectura escénica Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural, 2005.
  4. A Agrupación Cultural o Facho: A Coruña na cultura galega. 1991.
  5. ""Cando morren os faroles" de Ángel de la Peña, premio "Castelao" de teatro gallego". La Noche. 18 de maio de 1964. p. 12. 
  6. Neumandro (13 de xuño de 1965). "El más grave problema de nuestro teatro". El Progreso. p. 16. 
  7. "Fallo del "Premio Castelao de Teatro Gallego"". La Noche. 19 de maio de 1966. p. 10. 
  8. "El IV "Premio Castelao", a Xoana Torres". La Noche. 18 de maio de 1967. p. 7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Marinhas del Valle, Jenaro (1965). A revolta. Vigo: Editorial Galaxia.
  • F. Vieites, Manuel (2005). Historia do Teatro Galego. Unha lectura escénica. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural.
  • A Agrupación Cultural o Facho: A Coruña na cultura galega, 1991.
  • Lourenzo, Manuel (1975). O teatro galego, de esguello. (Notas ceibes encol da nosa vida teatral). A Coruña: Casa Provincial de Caridad Imprenta-Escuela.