Presidente da Unión Soviética
Lista de xefes de Estado da Unión Soviética
[editar | editar a fonte]Presidente do Comité Executivo Central do Congreso dos Soviets de toda Rusia
[editar | editar a fonte]O primeiro Comité Executivo Central do Congreso dos Soviets de toda Rusia elixiuse en xuño de 1917, pero non era un órgano de goberno e o seu presidente non era o xefe do Estado. Esta situación mudou no II Congreso dos Soviets de toda Rusia durante a Revolución de Outubro.
- Lev Kámenev (9 de novembro de 1917 - 21 de novembro de 1917)
- Yákov Sverdlov (21 de novembro de 1917 - 16 de marzo de 1919) (morreu no cargo)
- Mikhail Vladimirski (16 de marzo de 1919 - 30 de marzo de 1919) (interino)
- Mikhail Kalinin (30 de marzo de 1919 - 19 de xullo de 1938)
Presidente do Comité Executivo Central da URSS
[editar | editar a fonte]A Unión Soviética fundouse o 30 de decembro de 1922, incluíndo nun principio á República Socialista Federativa Soviética de Rusia, a República Socialista Soviética de Ucraína, a República Socialista Soviética de Belarús e a República Socialista Federativa Soviética de Transcaucasia. Mikhail Kalinin retivo o cargo como Presidente do Comité Executivo Central dos Soviets de toda Rusia e converteuse tamén no presidente do novo Comité Executivo Central da URSS. Co avance do stalinismo ambos postos tornáronse simbólicos.
- Mikhail Kalinin (30 de decembro de 1922- 12 de xaneiro de 1938) (renoméase o posto).
- Grigori Petrovski (30 de decembro de 1922 - 12 de xaneiro de 1938).
- Aleksandr Cherviakov (30 de decembro de 1922 - 16 de xuño de 1937).
- Nariman Narimanov (30 de decembrar de 1922 - 19 de marzo de 1925).
- Gazanfar Musabekov (21 de maio de 1925 - xuño de 1937).
- Nedirbai Aitakov (21 de maio de 1925 - 21 de xullo de 1937).
- Faizulla Jodzhaiev (21 de maio de 1925 - 17 de xullo de 1937).
- Nusratulla Lutfullaiev (18 de marzo de 1931 - 4 de xaneiro de 1934).
- Abdullo Rakhimbaiev (4 de xaneiro de 1934 - setembro de 1937).
Presidente do Presidium do Soviet Supremo da URSS
[editar | editar a fonte]- Mikhail Kalinin (17 de xaneiro de 1938 - 19 de marzo de 1946).
- Nikolái Shvérnik (19 de marzo de 1946 - 6 de marzo de 1953).
- Kliment Voroshílov (15 de marzo de 1953 - 7 de maio de 1960).
- Leonid Brézhnev (7 de maio de 1960- 16 de xullo de 1964).
- Anastás Mikoyán (15 de xullo de 1964 - 9 de decembro de 1965).
- Nikolái Podgorni (9 de decembro de 1965 - 16 de xuño de 1977).
- Leonid Brézhnev (16 de xuño de 1977 - 10 de novembro de 1982) (faleceu no cargo).
- Vasili Kuznetsov (10 de novembro de 1982 - 16 de xuño de 1983) (interino).
- Yuri Andrópov (16 de xuño de 1983 - 9 de febreiro de 1984) (faleceu no cargo).
- Vasili Kuznetsov (9 de febreiro de 1984 - 11 de abril de 1984) (interino).
- Konstantín Chernenko (11 de abril de 1984 - 10 de marzo de 1985) (faleceu no cargo).
- Vasili Kuznetsov (10 de marzo de 1985 - 27 de xullo de 1985) (interino).
- Andrei Gromyko (27 de xullo de 1985 - 1 de outubro de 1988).
- Mikhail Gorbachev (1 de outubro de 1988 - 25 de maio de 1989) (renoméase o posto).
Presidente do Soviet Supremo da URSS
[editar | editar a fonte]- Mikhail Gorbachev (25 de maio de 1989 - 15 de marzo de 1990).
Presidente da Unión Soviética
[editar | editar a fonte]O 15 de marzo de 1990 a maioría das atribucións do Presidente do Soviet Supremo transferíronse a un novo cargo, o de Presidente da Unión Soviética, Anatoli Lukianov foi elixido Presidente do Soviet Supremo para substituíra Gorbachev, pero o cargo agora correspondía ao dun secretario parlamentario. A xefatura do Estado continuou entón a cargo de Gorbachov.
- Mikhail Gorbachev (15 de marzo de 1990 - 19 de agosto de 1991).
- Gennadi Yanáyev (19 de agosto de 1991 - 21 de agosto de 1991) (interino por golpe de Estado).
- Mikhail Gorbachev (21 de agosto de 1991 - 25 de decembro de 1991) (disolución da URSS).