Amazon Prime Video
Amazon Prime Video | |
---|---|
Tipo | servizo de retransmisión de vídeo, live streaming service e televisión en liña |
Data de fundación | 7 de setembro de 2006 |
Fundador(es) | Amazon.com |
Organización matriz | Amazon.com |
Sede | Estados Unidos de América |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.primevideo.com/ e https://www.amazon.co.jp/gp/video/storefront | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
Operando en todo o mundo, o servizo pode requirir unha subscrición completa a Prime para acceder. En países como os Estados Unidos, o Reino Unido e Alemaña, pódese acceder ao servizo sen unha subscrición a Prime completa,[1] mentres que en Australia, o Canadá, Francia, a India, Turquía e Italia só se pode acceder a el a través dunha sitio web dedicado. Prime Video ofrece ademais un servizo complementario de contido en forma de canles, chamados Amazon Channels ou Prime Video Channels, que permiten aos usuarios subscribirse a servizos adicionais de subscrición de vídeo doutros provedores de contido dentro de Prime Video.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Amazon Prime Video subscription". Amazon. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ Kleinman, Alexis (23 de abril de 2014). "Amazon Prime Just Got Way Better With A Ton Of Old HBO Shows". The Huffington Post. Consultado o 23 de abril de 2014.