Principio de Huygens-Fresnel
Aparencia
(Redirección desde «Principio de Huygens»)
O principio de Huygens-Fresnel chámase así na honra dos físicos Christiaan Huygens e Augustin Fresnel, e é un método de análise aplicado aos problemas de propagación de ondas. Afirma que todo punto dunha fronte de onda inicial pode considerarse como unha fonte de ondas esféricas secundarias que se espallan en todas as direccións coa mesma velocidade, frecuencia e lonxitude de onda que a fronte de onda da que proceden.
Esta visión da propagación das ondas axuda a entender mellor unha variedade de fenómenos de onda, tales como a difracción. A Lei de Snell tamén pode ser explicada segundo este principio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Principio de Huygens-Fresnel |