Prudencio Canitrot
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1883 Pontevedra, España |
Morte | 24 de xaneiro de 1913 (29/30 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, pintor, autor |
Membro de | |
Prudencio Canitrot Mariño, nado en Pontevedra en xaneiro de 1883 e finado en Madrid o 24 de xaneiro de 1913, foi un pintor, ilustrador e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de José Millán. Tiña interese pola pintura e empezou a pintar e cando tiña 16 anos fixo os seus primeiros óleos en Pontevedra, logo tivo un estudio e co tempo decidiu marchar para converterse en artista. Destacou como paisaxista e ilustrou varios libros da súa época. Estivo dous anos percorrendo Portugal e Francia ata chegar a Madrid a finais de 1903. Abandonou a pintura para dedicarse á literatura e ao xornalismo. Colaborou en La Correspondencia Gallega. Foi corrector da obra de Rosalía de Castro. Entre as súas obras destacan San Benito de Lérez, Unha romería en Galicia e Paisaje de las cercanías de Pontevedra. Por afinidade artística pode incluírse na Xeración Doente. Foi premiado polos seus relatos polas revistas Galicia e El Liberal. Organizou a primeira Exposición de Pintura Gallega (Madrid, 1912). Dirixiu, xunto a Luis Antón del Olmet, a "Biblioteca de Escritores Gallegos" e colaborou nas principais revistas españolas e americanas como Suevia. Tamén participou no Rexionalismo galego en 1910 cando coñeceu a Basilio Álvarez e implicouse con Acción Gallega facendo campaña pola redención foral.
Obras
[editar | editar a fonte]- Cuentos de abades y aldeas, 1909.
- El Camino de Santiago, 1909.[1]
- Rías de ensueño. Impresiones de Galicia, 1910.
- Ruínas, 1910.
- Suevia, 1911.
- "Epílogo sentimental" no v. IV das Obras completas de Rosalía de Castro, 1912.
- La última pirueta, 1913.
- La luz apagada, 1914.
- El señorito rural.
- Tragedias ridículas y otras narraciones.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prudencio Canitrot |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Gegúngez López, Carlos (2013). Canitrot. Cen anos de esquecemento. Alvarellos Editora. ISBN 978-84-89323-87-2.[2]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Notas de bibliofilia, entrega 1: "Galicia: revista quincenal ilustrada"". Biblioteca do Seminario Maior Divino Maestro de Ourense (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 8 de xullo de 2018.
- "Prudencio Canitrot morreu moi novo, eso impediu que fose recoñecido como merece" Faro de Vigo, 20/1/2013.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«El Camino de Santiago» novela de Prudencio Canitrot". La Correspondencia Gallega (en castelán). 26-7-1909. p. 2.
- ↑ "Un libro rescata del olvido la figura del humanista Canitrot". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). 15-5-2013. p. 156. Arquivado dende o orixinal o 19-11-2018. Consultado o 19-11-2018.