Saltar ao contido

Raposo voador común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pteropus vampyrus»)
Raposo voador común
Pteropus vampyrus
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Familia: Pteropodidae
Xénero: Pteropus
Especie: P. vampyrus
Nome binomial
'Pteropus vampyrus'
(Linnaeus, 1758)[1]
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie

O raposo voador común[2] ou raposo voador de pescozo roxo[2] (Pteropus vampyrus) é unha especie de morcego da familia Pteropodidae.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Atópase en Camboxa, Vietnam, Indonesia, Malaisia, Birmania, Tailandia, Filipinas, Brunei, Tonga e Vanuatu.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Como os demais integrantes do xénero Pteropus, é fruxívoro e aliméntase exclusivamente de froitos, flores, pole e néctar. É coñecido por ser o máis grande da familia e presentar a maior envergadura da apertura alar, entre 140 e 180 cm. Como outros megaquirópteros, carece da habilidade da ecolocalización.

Pteropus vampyrus voando no Reino Animal de Disney.
  1. Linnæus, Carl (1758). Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I (en Latin) (10 ed.). Holmiæ: Laurentius Salvius. p. 31. Consultado o 21 November 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Raposo voador común". Buscatermos. Consultado o 20/12/2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]