Saltar ao contido

Óso pube

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pube»)
Óso pube
Óso pube na pelve
Latín os pubis
pubis
Gray tema #67 235

O óso pube ou pube[1][2] (denominación científica:os pubis) é a parte anterior do óso coxal ou ilíaco[3].

O termo pube (feminino) refírese por extensión tamén á parte inferior do abdome, que se cobre de pelo na pubertade[4].

Está formado por:

  • Un corpo anterior que liga co corpo do outro óso da pube, mediante a sínfise da pube.
  • Unha rama superior que continúa co óso ilio (rama iliopúbica).
  • Unha rama inferior que continúa co óso isquion (rama isquiopúbica).

Caracterización

[editar | editar a fonte]

As dúas ramas da pube delinean un triángulo central, chamado buraco obturador.

As ramas inferiores converxen no corpo da pube formando un ángulo agudo, que se abre inferiormente (dende dentro) con vértice na liña media, quedando as tuberosidades isquiáticas a ambos os dous lados.

Monte de Venus

[editar | editar a fonte]

A pube tamén é a rexión anatómica da pelve situada por riba ou sobre a sínfise pubiana, cuberta de peluxe, tamén chamada monte de Venus ou monte pubiano nas mulleres, que adoita estar máis elevada nas mulleres e nas persoas maiores. Corresponde á parte máis inferior do hipogastrio no abdome.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pube.
  2. Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria, Santiago de Compostela, Universidade / Consellaría do Medio Rural, 2008
  3. Vocabulario de medicina, Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008; Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
  4. Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Ed. do Cumio, 1999

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]