Saltar ao contido

Francisco Domínguez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quico Domínguez»)
Modelo:BiografíaFrancisco Domínguez Martínez
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor en Wikidata
Ribeira, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 3194749

Xosé Francisco Domínguez Martínez, coñecido como Quico Domínguez, nado en Santa Uxía de Ribeira en 1944 e finado en Vigo o 31 de decembro de 2024,[1] foi un enxeñeiro industrial e galeguista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O pai de Francisco foi un mestre republicano represaliado polo goberno de Franco, e que finou cando Francisco era aínda novo.

Estudou o bacharelato en Ribeira, e diplomouse como perito industrial en Vigo, no que daquela era a Universidade de Santiago de Compostela. En 1965 marchou a Bilbao a proseguir os estudos de enxeñería industrial, onde colaborou co Centro Galego de Barakaldo e coa Casa de Galicia de Bilbo. Á volta a Galicia en 1970 estivo traballando na empresa privada e tamén como docente na Universidade de Vigo, da que foi doutor.

Incorporárase ao galeguismo na mocidade, con 21 anos, da man de Xaime Isla Couto. Dirixente de Partido Galego Social Demócrata, foi fundador e secretario de organización do Partido Galeguista (1978-1982), presidente da editorial SEPT e un dos impulsores da tradución da Biblia ao galego. Accionista e conselleiro de Editorial Galaxia, foi presidente da Fundación Penzol (2010-2021) e padroeiro da Fundación Isla Couto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]