Royal Olympic Club de Charleroi
Olympic de Charleroi | |||
---|---|---|---|
Nome | Royal Olympic Club de Charleroi | ||
Alcume(s) | Les Dogues | ||
Fundación | 20 de setembro de 1911 (113 anos) | ||
Estadio | La Neuville, Charleroi, Bélxica | ||
Inauguración | 1920 | ||
Capacidade | 12.164 | ||
Presidente | Patrick Remy | ||
Adestrador | Xavier Robert | ||
Liga | Nacional 1 | ||
2021–22 | 5º | ||
Na rede | |||
http://www.olympic-charleroi.be/ | |||
| |||
O Royal Olympic Club de Charleroi, é un club de fútbol belga da cidade de Charleroi. Dende 2019 milita na División Nacional 1 de Bélxica, a terceira categoría do fútbol belga.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1911 como Caroloregian Lodelinsart Club Olympique, cambiando o seu nome ao ano seguinte polo de Olympic Club de Charleroi, e foi rexistrado en 1913 na Real Federación Belga de Fútbol.[1] Entre 1972 e 1982 o club chamouse R.O.C. de Montignies-sur-Sambre antes de recuperar o seu nome anterior. En 2000 o club fusionouse co RA Marchienne e cambiou o seu nome a Royal Olympic Club de Charleroi-Marchienne, pero volveu ao seu nome histórico en 2016. Finalmente, en 2019, o club fusionouse co Royal Châtelet SC.
O Olympic de Charleroi debutou na Segunda División belga en 1936 e proclamouse campión ese mesmo ano, logrando o ascenso á Primeira División.[1] Militou na máxima categoría ata 1963 (agás na tempada 1955/56), quedando terceiro en 1939 e subcampión en 1947. Dende 1963 ata comezos da década de 1980 xogou principalmente na segunda categoría, ata que en 1981 caeu á terceira, na que xogou a maioría de tempadas dende entón.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Historia". olympic-charleroi.be (en francés). Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2022.