RFA Argus
RFA Argus (A135) | |
---|---|
Historial | |
Tipo | buque hospital (non oficial, polo 2º convenio de Xenebra) |
Botado | 1981 |
Asignado | 1 de xuño de 1988 |
Características xerais | |
Eslora | 175,1 m |
Manga | 30,4 m |
Calado | 8,1 m |
Armamento | • 2 x canóns Oerlikon 20 mm en afustes GAM-BO1 • 4 x metralladoras de 7.62mm |
Propulsión | 2 x motores diésel Lindholmen Pielstick |
Tripulación | • 80 RFA • 50 RN • 137 complemento aéreo da RN (en operacións aéreas) • 200 persoal médico (en operacións humanitarias) |
Aeronaves | Tres puntos de aterraxe para helicópteros Westland Sea King, CH47 Chinook, Westland Merlin, WAH-64 Apache ou Westland Lynx |
O RFA Argus é un buque da Royal Auxiliary Fleet (Frota Auxiliar) do Reino Unido, membro da Royal Navy.
Historia
[editar | editar a fonte]Fabricado e botado en Italia, o Argus era orixinalmente un buque portacontedores co nome de MV Contender Bezant. O buque foi requisado polo goberno británico en 1982 para participar na Guerra das Malvinas e adquirido en 1984 para o seu uso como buque adestramento aeronaval, en substitución do RFA Engadine.
Funcións hospitalarias
[editar | editar a fonte]En 1991, durante a Primeira guerra do Golfo, o Argus foi equipado cun hospital de campaña completo, asumindo as funcións dun buque de referencia para a recepción de feridos de combate. En 2009 esa función converteuse na principal do barco.[1]
Ao levar armas a bordo, a Segunda Convención de Xenebra impide que o RFA Argus sexa oficialmente clasificado como buque hospital.[2][3]
Rescate de mariñeiros galegos
[editar | editar a fonte]O 2 de febreiro de 1998, o RFA Argus participou no rescate do buque Delfín del Mediterráneo, que se afundira durante unha tormenta, a 248 millas ao suroeste do cabo de San Vicente nas coordenadas 34° 34' N, 13° 04' W. O barco despregou os seus helicópteros e, a pesar das ondas de até 40 pés (aproximadamente 12,2 m), logrou rescatar a doce mariñeiros do barco, dez deles galegos. Outros dous membros da tripulación faleceron. En marzo de 1998, o capitán do RFA Argus recibiu a Medalla de Prata de Galicia das mans do presidente Manuel Fraga, en nome do buque e da súa tripulación.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Casualty Ship (RFA Argus)" (en inglés). royalnavy.mod.uk. Consultado o 17 de octubre de 2014.
- ↑ "World Wide Hospital Ships" (en inglés). globalsecurity.org. Consultado o 17 de octubre de 2014.
- ↑ Jones, Ian (septiembre de 2000). "Surgery on ships: constraints and difficult realities" (PDF) (en inglés). defence.gov.au. Consultado o 17 de octubre de 2014.
- ↑ "RFA Argus and the Silver Medal of Galicia". Historical RFA (en inglés). 2011-07-20. Consultado o 2024-03-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: RFA Argus |