Raúl Santamaría González
Aparencia
(Redirección desde «Raúl Santamaría»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1998 (25/26 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Concelleiro | |
2022 – | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Raúl Santamaría González, nado en Vilagarcía de Arousa en 1998, é un político galego do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É profesor de educación primaria e presidente de Novas Xeracións do PP en Vilagarcía. En 2022, converteuse en concelleiro de Vilagarcía de Arousa en substitución de Manuel Méndez, que deixou a acta por motivos laborais.[1] En febreiro de 2024 foi candidato pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2024, resultando elixido deputado autonómico.[2]
Tivo unha prolongada participación no concurso televisivo Reacción en cadena de Telecinco, presentado por Ion Aramendi, como membro do equipo dos Mozos de Arousa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Raúl Santamaría e Inmaculada Villarroya toman posesión como concejales del PP". Faro de Vigo. 29 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raúl Santamaría González |