Radio Oleiros
Aparencia
(Redirección desde «Radio As Mariñas»)
Radio Oleiros | |
---|---|
Tipo | emisora de radio local |
Data de fundación | 1980 |
Sede | Oleiros |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Radio Oleiros é unha emisora municipal de radio de Oleiros, membro de EMUGA, realizou a súa primeira emisión o 25 de xullo de 1980 como Radio As Mariñas, é a máis antiga das emisoras municipais galegas aínda que tan só emitiu durante 70 minutos, ata que a Garda Civil entrou nos estudios para precintar os equipos. En 1987 volveu emitir xa co nome actual, pódese escoitar en toda a área metropolitana da Coruña.