Saltar ao contido

Rafael Louzán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rafael Louzán Abal»)
Modelo:BiografíaRafael Louzán

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Ribadumia, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Real Federación Galega de Fútbol
19 de decembro de 2014 –
← José García Liñares
Presidente da Deputación de Pontevedra
2003 – 2015
← Manuel AbeledoCarmela Silva → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Rafael Louzán Abal, nado en Ribadumia o 21 de novembro de 1967, é un político e empresario galego. Dende 2014 é o presidente da Real Federación Galega de Fútbol e dende decembro de 2024 preside tamén a Real Federación Española de Fútbol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No ano 1995 foi elixido tenente de alcalde do seu concello, Ribadumia, onde traballaba de funcionario, tras presentarse ás eleccións municipais dentro das listas do Partido Popular. Ese mesmo ano foi elixido deputado da Deputación de Pontevedra pola comarca do Salnés. Ó ano seguinte asumiu unha das vicepresidencias da institución, e o 12 de xullo de 2003 foi elixido presidente, substituíndo a Manuel Abeledo.

En 1998 foi elixido secretario de organización do Partido Popular na provincia de Pontevedra e en maio de 2000 pasou a ser presidente provincial, cargo para o que foi reelixido dous anos despois. Dous meses despois logrou un posto no comité executivo galego do partido.

O 19 de decembro de 2014 foi elixido presidente da Real Federación Galega de Fútbol, sendo reelixido sen votación en 2018 ao non presentarse ningún outro candidato.[1]

Tralas eleccións municipais de 2015 saíu elixido de novo concelleiro en Ribadumia. Deixou a Presidencia da Deputación, ao perder o PP a maioría absoluta nesta cámara.[2]

En 2015 foi investigado por un suposto delito de suborno por un xulgado de Cambados. En xaneiro de 2016 anunciou o abandono da presidencia provincial do PP.[3] A investigación pechouse en 2018, cando a Fiscalía renunciou a seguir co caso despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulara as probas obtidas en dita investigación.[4]

En febreiro de 2021 foi condenado a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación para cargos públicos por un delito de prevaricación e outro de fraude por conceder unha axuda de 86.311€ ao concello de Moraña para que realizase unhas obras no campo de fútbol que xa estaban executadas.[5][6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Abeledo
 
Presidente da deputación de Pontevedra
 
2003 - 2015
Sucesor:
Carmela Silva