Saltar ao contido

Ballico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Raigrás»)
Ballico

Lolium perenne (á esquerda) e Lolium italicum (á dereita)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Poeae
Subtribo: Loliinae
Xénero: Lolium
Especie: ''Lolium perenne''
L.
subespecies

Véxase no texto

O ballico[1] (Lolium perenne), coñecido tamén co termo inglés galeguizado raigrás[2] (do inglés: ryegrass, literalmente "herba centeo"), é unha gramínea perenne de importancia na creación de céspedes e na produción de forraxes en lugares de clima temperado e subtropical.

Detalle das lígulas.
Aurículas.
Ilustración.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Talos de até 90 cm, coas follas, de cor verde escura e brillante, son enteiras ou bilobadas, con limbo de até 18 cm de lonxitude; estriadas e con nervio central marcado. A inflorescencia está composta por espigas sésiles alternadas a esquerda e dereita dun eixo central. As espículas están dispostas xuntas, con 3 - 10 flores cuxa pálea é tan longa como a lema. Como na maior parte das gramíneas, a reprodución pode ser por sementetes ou por mouteiras.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

De distribución circumboreal. É orixinaria de Europa e norte de África. É a gramínea pratense sementada máis utilizada na Península Ibérica. Foi introducida en América do Sur, Australia e Nova Zelandia. É un hemicriptófito que habita céspedes, xardíns e pastos húmidos e antropizados. Dáse en zonas temperadas. Os seus rendementos oscilan en torno a 10-12 t/ha no primeiro ano, e 8-10 t/ha en anos seguintes tendo unhas condicións favorábeis.

Importancia económica e aproveitamento forraxeiro

[editar | editar a fonte]

Ten o potencial de producir gran cantidade de biomasa de boa calidade e apetecíbel para o gado, mais necesita solos con niveis altos de fertilidade e é sensíbel á seca e ao exceso de auga.

Ten grande importancia como especie forraxeira nas pradeiras de Nova Zelandia que se destinan á alimentación de vacas leiteiras xa que é unha pradeira de longa duración. Úsase tamén en campos de golf, xardíns e campos de fútbol. É relevante en certas zonas de Gran Bretaña, Estados Unidos, Arxentina, Chile e España, incluíndo Galiza.

Téñense desenvolvido centos de cultivares para adaptalos a diferentes zonas de produción. A maioría dos cultivares neozelandeses conteñen coma hóspede ao fungo endófito Neotyphodium lolii, que non causa dano á planta, mais produce alcaloides que poden afectar ao gado e tamén ao insecto Listronotus bonariensis, considerado unha praga da cultura.

Pode producir hematuria (presenza de sangue nos ouriños) no gado por exceso de proteína e alongamento do intervalo entre paristallos.

Ten unha elevada produtividade, precocidade e calidade nutritiva. Se se sementa no outono o primeiro aproveitamento se produce antes de que remate o ano. En áreas de inverno suave, a mediados de marzo pode realizarse a seguinte seitura. Produción estival practicamente nula. Está xeralmente asociada co trevo branco (Trifolium repens L.)

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Lolium perenne foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 83. 1753. [3][4][5]

Etimoloxía

Lolium : nome xenérico dado por Virxilio a unha maleza problemática.[6]

perenne: epíteto latino que significa "perenne".[7]

Variedades
  • Lolium perenne f. longiglume (Grantzow) Junge
  • Lolium perenne f. orgyiale (Döll) Junge
  • Lolium perenne f. paleaceum (Döll) Holmb.
  • Lolium perenne f. ramosum (Schumach.) Holmb.
  • Lolium perenne f. viviparum (Gray) Holmb.
Sinonimia
  • Lolium brasilianum Nees
  • Lolium canadense Bernh. ex Rouville
  • Lolium latum Roth ex Steud.
  • Lolium marschallii Steven
  • Lolium montevidense Rouville
  • Lolium multiflorum Lam.
  • Lolium tenue L.[3]
  • Festuca perennis (L.) Columbus & J.P.Sm.
  • Hordeum compressum Boiss. & Orph.
  • Lolium aechicum Rouville
  • Lolium agreste Roem. & Schult.
  • Lolium cechicum Opiz
  • Lolium compressum Boiss. & Orph. ex Nyman
  • Lolium cristatum Pers. ex B.D.Jacks.
  • Lolium felix Rouville
  • Lolium glumosum Planellas
  • Lolium gmelinii Honck.
  • Lolium halleri C.C.Gmel.
  • Lolium jechelianum Opiz
  • Lolium pseudoitalicum Schur
  • Lolium repens Honck.
  • Lolium rigidum var. compressum (Boiss.) Boiss.
  • Lolium rosetlanum Fig. & Delile ex Rouville
  • Lolium strictum var. compressum Boiss.
  • Lolium trabutii Hochr.
  • Lolium vulgare Host[8][9]
  1. Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; e Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004
  2. Nome dado pola RAG - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=309192&sinom=0 Arquivado 02 de maio de 2014 en Wayback Machine.
  3. 3,0 3,1 "Ballico". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de decembro de 2013. 
  4. "Ballico en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  5. "Ballico en". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 12-09-2019. Consultado o 17-01-2014. 
  6. (en inglés) Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 26-02-2010. 
  7. En Epítetos Botánicos
  8. "Ballico en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  9. "Ballico en". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 01-10-2013. Consultado o 17-01-2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  • Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  • Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
  • Cronquist, A.J., A. H. Holmgren, N. H. Holmgren & Reveal. 1977. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A. 6: 1–584. In A.J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York.
  • Darbyshire, S.J. 2003. Lolium. In Catalogue of New World Grasses (Poaceae): IV. Subfamily Pooideae. Contr. U.S. Natl. Herb. 48: 426–431. View in BotanicusView in Biodiversity Heritage Library
  • Davidse, G., M. Sousa Sánchez & A.O. Chater. 1994. Alismataceae a Cyperaceae. 6: i–xvi, 1–543. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A.O. Chater (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F.
  • Döll, J. C. 1880. Gramineae III. Bambusaceae, Hordeaceae. 2(3B): 161–242, t. 44–58. In C. F. P. von Martius (ed.) Fl. Bras.. F. Fleischer, Monachii & Lipsiae. View in BotanicusView in Biodiversity Heritage Library
  • Espejo Serna, A., A. R. López-Ferrari & J. Valdés-Reyna. 2000. Poaceae. Monocot. Mexic. Sinopsis Floríst. 10: 7–236 [and index].
  • Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  • Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Río de Xaneiro.
  • Foster, R. C. 1958. A catalogue of the ferns and flowering plants of Bolivia. Contr. Gray Herb. 184: 1–223. View in Biodiversity Heritage Library
  • Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]