Rally Rías Baixas de 1992
Tipo | edición de rally ![]() |
---|---|
Parte de | Rally Rías Baixas e Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Número de edición | 30 (1992) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy ![]() |
O Rally Rías Baixas de 1992 foi a 28ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse o 9 de agosto de 1992 e o vencedor foi Germán Castrillón, a bordo dun Ford Sierra RS Cosworth.
Resumo
[editar | editar a fonte]Germán Castrillón correu esta edición do rally con José Manuel López Castrillón como copiloto, en vez da habitual Estrella Castrillón, que decidiu ver o rally como espectadora, despois das queimaduras sufridas no grave accidente da edición anterior. O Ford Sierra RS Cosworth de Castrillón colocouse primeiro xa nos primeiros treitos, pero con pouca diferenza sobre o Peugeot 309 GTI de Manolo Senra. Con todo, o que parecía un novo duelo entre os dous pilotos rematou antes de tempo, pois no primeiro treito da segunda sección, en Camos, Senra sufriu unha saída de pista e non puido continuar a carreira. Deste xeito Castrillón levantou o pé do acelerador nos treitos finais e logrou unha cómoda vitoria con máis de dous minutos de vantaxe sobre Javier Piñeiro, segundo, e Javier Paz, terceiro.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
Ford Sierra RS Cosworth | 1h19:45 |
2 | ![]() |
![]() |
Lancia Delta Integrale 16V | 1h21:53 |
3 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | 1h22:41 |
4 | ![]() |
![]() |
Ford Sierra Cosworth | 1h23:27 |
5 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | 1h24:01 |
6 | ![]() |
![]() |
Renault Clio | 1h24:45 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Castrillón, sin rival en el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 1992. p. 27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Rally de Ferrol |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1992 |
Sucesor: Rally da Coruña |