Rally de Narón de 1990
Tipo | edición de rally ![]() |
---|---|
Organizador | Siroco Team Narón ![]() |
Parte de | Rally Cidade de Narón e Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra ![]() |
Número de participantes | 56 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Ferrol (Provincia da Coruña) 43°30′N 8°06′O / 43.5, -8.1 ![]() |
País | España ![]() |
Número de edición | 3 (1990) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Manuel Senra ![]() |
O Rally de Narón de 1990 foi a terceira edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse o 20 de outubro de 1990 e o vencedor foi o dumbriés Manuel Senra a bordo dun Peugeot 205 GTI.[1]
Itinerario
[editar | editar a fonte]Constou de oito treitos e un total de 276 km, dos cales 46 foron cronometrados. Os treitos a correr foron Anca, Ferreira, San Xiao e Lamas, dándose dúas pasadas a cada un deles.[2]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Manuel Senra, que competía por primeira vez en terra, dominou o rally con claridade co seu Peugeot 205 GTI. El e o seu copiloto José Maceiras marcaron o mellor tempo en todos os treitos excepto no último, no que meteron unha roda nunha cuneta e perderon algo de tempo sacándoa. En segunda posición, a máis dun minuto de Senra, chegou Manuel González cun Citroën Visa GTi, mentres que o Renault 5 GT Turbo de Andrés González foi terceiro. En cuarto lugar chegou o portugués João Enes, que con este resultado colocouse líder do campionato.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Clasificación final do rally" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2020.
- ↑ "Itinerario do rally". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2020.
- ↑ "Senra y Maceiras no dieron opción a sus más directos rivales en el rally de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 1990. p. 56.
Predecesor: Rally de Terra Vila de Verín |
Campionato de Galicia de Rallys de Terra Tempada 1990 |
Sucesor: Rally de Caldas |