Ramón D. Veiga
Aparencia
(Redirección desde «Ramón Domínguez Veiga»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1970 (54 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | editor literario, escritor, filólogo |
Premios | |
Ramón D. Veiga, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1970, é un filólogo e escritor galego[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña. Dende 1996 traballa no mundo editorial, que compaxina coa colaboración en diferentes blogs. Coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.
Como escritor, ten varias obras dirixidas ao público infantil. Tamén é autor da serie de banda deseñada «Miñoca» / «Lombriz» / «Cuc» (Xerais / Takatuka 2021, 2022).
En 2020 publicou o conto en liña #EuQuedoNaCasa,[2] que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nenos durante os días de confinamento provocados pola COVID-19. Tamén Bombas de chocolate (2022) sobre a guerra de Ucraína.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Infanto xuvenil
[editar | editar a fonte]- Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017). Vigo: Xerais, Pequeno Merlín. Ilustracións de David Sierra. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-262-1.
- É tempo de Entroido! (2018). Vigo: Xerais. Pequeno Merlín. Ilustracións de David Sierra. 40 páxs ISBN 978-84-9121-406-9.
- A araña que lles tiña medo ás arañas (2019). Vigo: Xerais, Pequeno Merlín. 40 páxs. Ilustr. Iván R.[3] ISBN 978-84-9121-585-1.
- Meigas fóra! (2020). Vigo: Xerais, Merlín. 64 páxs. Ilustr. Iván R. ISBN 978-84-9121-675-9. ePub: ISBN 978-84-9121-812-8. ePub: ISBN 978-84-9121-812-8. Kindle_KF8: ISBN 978-84-9121-887-6.
- É tempo de Entroido 2. Non pare a festa (2021). Vigo: Xerais. Pequeno Merlín. Ilustracións de David Sierra. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-780-0.
- De festa en festa. Contos e tradicións de diferentes puntos da península ibérica (2022). Vigo: Ed. do Cumio. Ilustracións Sr. Reny. 48 páxs. ISBN 978-84-8289-578-9
- Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente (2022). Ferrol: Ed. Embora.
- Violeta ás agachadas (2023). Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-379 Ilustracións de Abi Castillo.
Serie Miñoca
[editar | editar a fonte]- Miñoca e coello (2021). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-9121-980-4. ePub: ISBN 978-84-9121-980-4.
- Miñoca e pega (2022). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-1110-090-8. ePub: ISBN 978-84-1110-096-0.
- Miñoza e ourizo (2023). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-1110-287-2. ePub: ISBN 978-84-1110-299-5.
- Chove! (2024). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-1110-483-8.
Novela
[editar | editar a fonte]- Zoom (2022). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-104-2. ePub: ISBN 978-84-1110-138-7. O autor pediulles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos unha imaxe para argallar unha historia para cada unha delas.[4]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2021: Premio Arume de Poesía para a Infancia por Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-07-26.
- ↑ 41395231. "#EuQuedoNaCasa". Issuu (en inglés). Consultado o 2021-01-25.
- ↑ Entrada sobre a obra en Cadernodacrítica.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-07-26.