Ramón Godás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1871 ![]() Astureses, España ![]() |
Morte | 23 de agosto de 1952 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, impresor ![]() |
Ramón Godás Justo, nado en Fontao (Astureses, Boborás) o 21 de xuño de 1871 e finado o 23 de agosto de 1952, foi un fotógrafo e impresor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autodidacta, fabricou a súa primeira cámara el mesmo con dous caixóns encaixados e un obxectivo. Con esta cámara recolleu o que lle chamaba a atención e viaxou a Portugal para facer reportaxes sociais. Casou en 1895 con Luisa Retorta e estableceuse en San Cristovo. En 1908 trasladouse ao Carballiño e montou o seu estudio na Casa do Arfeirán. En 1909 fixo fotos dunha manifestación no Carballiño en protesta polo masacre de Oseira.[1]. Posteriormente mercou un terreo e construíu a súa casa na rúa Bugallal con imprenta e estudio fotográfico denominado La Ibérica. Nesta imprenta editáronse os periódicos El Sol e Hermandad. Nos anos trinta fundou a empresa Automóviles Godás, que facía a ruta do Carballiño a Ribadavia, Ourense e Dadín. Tamén foi o operador do primeiro cine do Carballiño, o Pabellón Neira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa ideoloxía esquerdista causoulle problemas, foi perseguido e estivo unha tempada refuxiado en Verín na casa do seu fillo Maximino. Os seus fillos e netos seguiron exercendo como fotógrafos e impresores. Foi soterrado en Señorín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manifestación popular en Carballino en protesta por los sucesos de Osera". Vida Gallega (Extraordinario): 15. 1909.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez, Xosé Manuel (1993). Ramón Godás. Fotógrafo e impresor. O Carballiño: XOCIVIGA.