Ramón Rodríguez Porto
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1963 ![]() Chantada, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empregado de banca, escritor, xornalista ![]() |
![]() ![]() |
Ramón Rodríguez Porto, nado en Chantada o 24 de marzo de 1963, é un escritor e xornalista galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Chantada e Monforte de Lemos, tamén Administración e Márketing en Vigo. Traballou na banca comercial e tamén na Adega Terras Bendaña. Traballou para RNE, Radio Noroeste, Radio Faro-Cadena Ser e Galicia Dixital. En televisión colaborou na comarcal Televinte. Colaborou desde a mocidade en El Progreso como correspondente. Colabora coa revista poética Xistral.[2]
Cofundador e directivo do colectivo Poetas da Ribeira Sacra, foi fundador e directivo da Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica e membro da Fundación Amigos de Galicia. Tamén é coordenador do premio Moncho do Pío e coordinou o certame poético Xohán de Requeixo.[3]
É cofundador e actor do Centro Teatral Faro-Miño de Chantada.
Obras
[editar | editar a fonte]- Unha noite de poesía (1985). Alvarellos. 72 páxs. ISBN 978-84-85311-59-0.
- Chantada na súa prensa (1988). Deputación Provincial de Lugo. 112 páxs. ISBN 978-84-86824-51-8. Con Anxo Sánchez Moure.
- Voltar a Bacelares (1989). Edición de autor. 100 páxs. ISBN 978-84-404-5782-0.
- As Beiras do Sil (1994). Edición de autor. 58 páxs. ISBN 978-84-605-1167-0.
- Baixo o Ceo de Camba (2000).
- Agasallo de Verbas (2001). Corona del Sur. 16 páxs. ISBN 978-84-95288-74-5.
- Dez Poemas a Lisboa (2006).[4] Braga: Frouseira.
- Co sangue nos beizos (2008). Braga: Frouseira. Prólogo de Xosé Lois García. Poesía
É autor de varias pezas teatrais.
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Libro de Ouro do Círculo Recreativo e Cultural de Chantada
- Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo (2003). Comisión Organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo.
- Crónicas chantadinas (2004). Círculo Recreativo Cultural de Chantada; coordinador Andrés Pavón. Deputación de Lugo.
- Circular polo Saviñao[5]
- Coloquio-homenaxe a Xosé Lois García (2007).
- Poetas do reencontro (2019). Irmandade poética e artística Galaico-Lusa.
Actor
[editar | editar a fonte]Participacións secundarias:
- Fuxidos e bandoeiros, TVG.
- O Piloto, de Xosé Reigosa.
- Longa noite, de Eloy Enciso.
- As bestas, de Rodrigo Sorogoyen.
- Galegos para o mundo, TVG
- Pepe o inglés, TVG.

Premios
[editar | editar a fonte]- 1985: Premio de poesía do Centro Galego de Sestao.
- 1985: 2º premio de narrativa Concello da Estrada.
- 1986: Premio de poesía Miguel de Cervantes de Alcázar de San Juan (Ciudad Real).
- 1986: Premio de poesía López Abente.
- 2000: Premio A Pipa.
- 2001: Premio Meigas e Trasgos de poesía en Sarria.
- 2005: Premio Cartas de Amor do Concello de Quiroga (2005).
- 2022: XIV Edición premios Bacelos de Prata.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramón Rodríguez Porto". Belén de Begonte. Consultado o 2024-11-14.
- ↑ "Ramón Rodríguez Porto". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-11-14.
- ↑ "Rodríguez Porto, Ramón". Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ "El poeta lucense Ramón Rodríguez Porto presentará mañana en Chantada (Lugo) su nueva obra 'Dez poemas a Lisboa'". Europa Press. 2006-02-02. Consultado o 2024-11-14.
- ↑ "Circular polo Saviñao IV Egeria". egeria.gal. Consultado o 2024-11-16.
- ↑ galeguizargalicia (2022-10-18). "Bacelos de Prata 2022 Galeguizar Galicia". Consultado o 2024-11-16.