Ramón Vázquez Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 ![]() A Arnoia, España ![]() |
Morte | 7 de marzo de 1938 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
![]() |
Ramón Vázquez Rodríguez, coñecido como O Anarquista, nado na Arnoia en 1918 e finado en Ourense o 7 de marzo de 1938, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño da Paixón. Presidente do Sindicato Campesino e afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi detido en setembro de 1937 logo de ser ferido nunha persecución.[1] Procesado en Ourense por adhesión á rebelión o 8 de outubro de 1937, foi condenado a pena de morte o 11 de novembro. Foi executado o 7 de marzo de 1938 no campo de Aragón, a carón do cemiterio de San Francisco. Tamén foi condenado en expediente de responsabilidade civil en agosto de 1938.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 18-9-1937, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 8-6-1938, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Represión en Ourense Arquivado 09 de decembro de 2018 en Wayback Machine.